Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Participación

Asembleas de Barrio en Ferrol

Esta fin de semana a AVV O Rosario do Inferniño remitiunos a seguinte mensaxe Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO. Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello. Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestuturas, programas sociais ou debates de carácter social. Saúdos - Directiva .- Así, aproveitamos para informar que, efectivamente, as asembleas de barrio -órganos recoñecidos dentro do Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol - empezarán a reunirse este luns 18. O calendario completo de datas está accesible nesta ligazón:  http:...

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia.

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia , no ATENEO FERROLÁN , día 30 de novembro (sábado), 10 a 12 horas. Estáis convidad@s á reunión personas, asociacións e entidades que conforman o colectivo, así como aquelas que teñan curiosidade sobre os determinantes sociais que actúan sobre áreas como a saúde, a calidade de vida e grupos de poboación... Vos esperamos a tod@s! E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña) BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.cm/ Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Asemblea aberta en Defensa da Participación Cidadá

A Asemblea aberta en Defensa da Participación Cidadá, fai un chamamento e Convoca a cidadanía para celebrar unha concentración veciñal na Praza do Concello Praza de Armas este vindeiro XOVES-28 ás 19:00 horas , denunciando as últimas medidas do Alcalde en restrinxir a entrada ao Plano e o desmantelamento da Participación Cidadá. Previamente, a partir das 18:00 horas faremos un reparto informativo dirixido a cidadanía ante a falta de compromiso do actual Goberno Municipal coa Participación Cidadá que aprobou no seu día e por unanimidade do Pleno Ferrolán. Asemblea en Defensa da Participación Cidadá. www.participacion-ferrol.blogspot.com