Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sanidade Pública

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Resumo do ano 2016

Compartimos o informe que nos fan chegar dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de balance da sanidade neste ano 2016: Se mantén a insuficiencia económica: O orzamento sanitario público baixou un 18.3% desde 2009, sendo a Atención Primaria a mais prexudicada con un 22.3% fronte a un 0.2% da hospitalaria. Falta persoal: Desde o inicio da crise perdéronse 1.795 prazas na sanidade pública, 1.154 en AP e 641 nos hospitais: 513 prazas de médicos (392 en AP e 121 en hospitais), 184 prazas de enfermería hospitalaria e a 1.121 prazas de persoal non sanitario. Faltan camas: Pese a eliminarse 447 camas hospitalarias públicas este verán pecháronse máis de mil. Segue vixente o Real Decreto 16/2012 que deixou sen dereito a asistencia a inmigrantes en situación irregular , mozos e mozas ou que emigraron mais de tres meses fora don Estado. O “Programa Galego de Protección Social e da Saúde Pública” e un parche que non resolve a vulneración do dereito a univer...

Compilación de novas enviadas dende as plataformas en defensa da sanidade pública

Estes días recibimos unha boa cantidade de información de interese sobre a Sanidade Pública enviadas dende AGDSP , a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública. Para comezar, SOS Sanidade Pública Pontevedra fixo público nos pasados días un comunicado no que denuncia que neste período estival, Santiago (CHUS) so dispón dun único quirófano de cardioloxía aberto, exclusivamente para urxencias vitais. O comunicado ven ilustrado co padecemento que está a vivir unha persoa enferma de 76 anos por mor desta situación: Nota AGDSP cierre quirófanos CHU Santiago Continuamos con outra denuncia, neste caso sobre a desprotección dos datos sanitarios da poboación de Pontevedra, e de Galicia , na que informan cómo se está dando acceso aberto aos expedientes dos pacientes da pública dende a privada, pero se denega o contrario, no que indican que supón unha violación da protección de datos, e poñer os intereses privados por riba da saúde das persoas. Outra nota que nos chega dende a AGDSP b...

ACTO PÚBLICO A FAVOR DA SANIDADE UNIVERSAL

No  marco da Rede Galega en Defensa da Saúde (con Médicos do Mundo, SOS Sanidade Publica, Aministia Internacional, e Asociación Galega de Medicina Familiar) faremos  o mércores día 22 de abril un Acto Público na Facultade de Medicina ás 12:00 h, convocando aos partidos políticos para que asinen o Compromiso a favor da Sanidade Universal (comprometéndose a derogar o decreto de abril de 2012 que modificou o sistema sanitario) que ven difundindo Médicos do Mundo por todo o Estado. Participaran e asinaran: PSdG-PSOE, BNG, EU, ANOVA, PODEMOS. FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142 www.forogi.wordpress.com

Anuncios Oportunistas y Demagogicos

Nada más escuchar al Ministro de Sanidad Alfonso Alonso anunciando que los inmigrantes en situación irregular podrán acceder a la atención primaria,acudiendo al ambulatorio,damos la bienvenida .Pero de inmediato comenzamos a ver que no es más que una medida oportunista y electoralista que según el Ministro durará un año.Un año dónde pasarán las elecciones. Pero vamos paso a paso .La aprobación del Decreto 16/2012 dejó fuera del sistema sanitario a los inmigrantes irregulares (sin papeles).Sólo tiene acceso a servicios de urgencia ,pagando una factura ,pero sólo para que los vea el médico , lo demás ,medicación ,RX ,pruebas , especialistas ,etc , quedan fuera.Durante éste tiempo mujeres embarazadas y menores de edad si tendrán sanidad total , aunque a veces se les haya denegado.También quedaron fuera personas mayores extranjeras que llegaron por reagrupación familiar  , pero que al no haber  cotizado en España se les niega la atención sanitaria.Grave , porque aunque éstas p...

Folga da Sanidade. Fotos da Manifestación.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización para defender os dereitos de todas as persoas a ter unha atención médica gratuita e de calidade. Álbum fotográfico Parabéns a todo o persoal sanitario galego por levar a cabo onte e antonte unha folga exemplar na defensa dos dereitos de todas e todos e dunha Sanidade Pública, universal, de calidade e gratuita. Entre todos e todas temos que parar esta onda de privatizacións e recortes á que os Gobernos Estatal e Autonómico do PP pretenden levarnos.

Folga contra os recortes, os copagos e o intento de privatización da sanidade pública galega.

En defensa da sanidade pública: a crise como coartada para a privatización Espazo Ecosocialista apoia a folga contra os recortes, os copagos e o intento de privatización da sanidade pública galega que os diversos colectivos de traballadores e traballadoras dos servizo público de saúde galego van realizar os próximos 9 e 10 de decembro. Ademais Espazo chama a toda a poboación galega a apoiar estas mobilización do persoal sanitario acudindo de forma masiva as manifestacións convocadas o día 10 de decembro nas principais cidades e vilas galegas. O goberno do PP está empeñado no desmatelamento da sanidade pública en España e a Xunta de Galicia é unha alumna avantaxada na aplicación de todas as medidas dirixidas a desmantelar os soportes do sistema sanitario (universalidade, accesibilidade e equidade). O RD 16/2012 de medidas dirixidas a garanter a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde xustamente fai o contrario do que o seu nome anuncia. Entre outros aspectos, víncula o de...