Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. COMUNICADO ANTE AS RECENTES MORTES NA FRONTEIRA SUR Desde a Rede Galega en Apoio ás persoas Refuxiadas condenamos a situación de violencia vivida antonte na fronteira de Marrocos con Melilla e que custou a vida, polo momento, de polo menos a 27 persoas e máis de 300 feridos. Non son números, pois cada unha delas tiñan e teñen un nome, unha historia, unha familia e uns soños para realizar. A través deste comunicado, declaramos que a represión violenta exercida por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado español e da Xendarmería marroquí ante o intento de acceso pola zona do valado fronteirizo do Barrio Chinés, en Melilla, responde a unha das expresións máis sanguentas das prácticas das nosas políticas migratorias. Uns actos violentos que revelan a estrutura racista e xenófoba desas políticas porque atacan e discriminan ás persoas segundo o seu perfil étnico e procedencia, aínda a pesar de ser persoas que foxen de guerras, como as qu