No mes de marzo deste ano que remata, o noso -dende entón- amigo Luis Gonzalo Segura participaba nun acto do noso Ciclo "Democracia e Compromiso" presentando o seu último libro "Código Rojo", e no que, aparte de falar del, explicou a súa visión das nosas forzas armadas e os problemas que lle carrexara a súa actitude de denuncia de corrupción dentro do exército. Lamentablemente, o pasado 14 de decembro, tódolos membros da Sala V de lo Militar do Tribunal Supremo decidían que non había lugar para Luis Gonzalo Segura nas nosas forzas armadas. Pois ben, a Plataforma x Honestidad , que naceu co obxectivo de apoiar a Ana Garrido -a persoa que destapou a trama da Gürtel- e que máis tarde decidiría ampliar os seus obxectivos a defender e apoiar a persoas que denuncien ou queran denunciar casos de corrupción, está promovendo unha campaña para solicitar axudas económicas que permitan que Luis Gonzalo Segura poda presentar o seu caso ante o Tribunal de Estrasburgo. Com...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."