Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Solidaridade

“Festival Solidaro para a Semente”

Cartel do evento - Concello de Narón O Concello de Narón e a Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos organizan o “Festival Solidario para a Semente” que terá lugar este domingo, día 12, no Auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia s/n). A cita, que dará comezo ás 17.30 horas, programouse coa temática das Irmandades da Fala en Galicia e consistirá nunha gran variedade de actividades ás que irán dando paso tres recoñecidos personaxes: o cantautor fenés Roger de Flor; o grupo tradicional infantil Quenindiole e a narradora oral Vero Rilo. O prezo das entradas é de 8 euros, se ben os menores de oito anos poderán asistir de balde. No transcurso desta convocatoria estrearase unha curta realizada polo colectivo Semente e sortearase unha pandeireta artesá entre os asistentes. A cita, que se convoca por segundo ano consecutivo, aposta unha vez máis cunha variada programación por impulsar a lingua e a cultura galegas entre os adultos pero, especialmente, entre as nenas e os neno...

PEDIDO URXENTE de Lazos Pro Solidariedade

Dende a nosa Asociación Cultural Fuc o B uxán que remos participar no cham amento de PEDIDO UR X ENTE:  A Asociación Lazos Pro Solidariedade , NECESITA DE MANEIRA URXENTE alimentos para dar o almo rzo diario a entre 35 y 50 persoas . Para elo se necesita: Sucre , leite, café , galletas , etc. Tamén para 70 familias sen recursos que se atenden dentro do programa e no domicilio necesítanse: G alletas, C ola-cao, Leite, P asta. ÉSTE PEDIDO É URXENTE A ASOCIACIÓN NO TEN RECURSOS , E O QUE CHEGA DO BANCO DE ALIMENTOS NON ALCANZA, XA QUE SON MÁIS AS PERSOAS QUE O NECESITAN. P ARA ALCANZAR ESTES ALIMENTOS DIRIXIRSE A : Avda. Dr. Fleming  Nº 8-10 Ba ix o , Ferrol, teléfonos de contacto: 981350777-698147975  Tamén poden contactar por correo electrónico: administracion@lazosprosolidariedade.org

Este venres 28 de Decembro, Manifestación Stop Desafiuzamentos

A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro , ás 7 da Tarde , con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto , logo pasara-se a micro-aberto. Mobilizaremo-nos para : Demandar: A paralización dos desafiuzamentos O recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social A creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda Denunciar o fraude hipotecario e Reclamar o dereito a unha vivenda digna. Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza. E a nivel local : Por un parque público ...

Xuíces contra os desafiuzamentos

    Un grupo de seis xuíces, coordinados polo vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) Manuel Almenar elaborou un informe no que propón 18 medidas para cambiar o sistema español de desafiuzamentos e paliar o "auténtico drama" no que están envolvidas numerosas familias, estas son:   18 medidas :   1. Determinar o concepto de debedor hipotecario de boa fe, como suxeito de aplicación de medidas excepcionais na materia. Serían afectados só por execucións hipotecarias en vivenda habitual ou locais de negocio.   2. Elevación do denominado albor de exclusión para flexibilizar os requisitos estritos que establece o Código de Boas Prácticas aprobado polo Goberno.  3. Regulación imperativa en determinadas circunstancias da dación en pagamento. 4. Establecemento dun réxime especial no caso de execucións hipotecarias de vivendas habituais ou locais de negocio, no sentido postulado polo Valedor do pobo. consumidores para favovecer solu...