Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2014

O Colectivo de Traballadores afectados pola retirada do paquete de Nadal.

Infórmase sobre  vindeira asemblea para o venres día 17 ás 11:30 horas no Carvalho Calero . O Colectivo de Traballadores afectados pola retirada do paquete de Nadal: "NON PERMITAMOS QUE NOS ROUBEN O QUE É NOSO" "NA DEFENSA DOS DEREITOS SOCIAIS DOS TRABALLADORES"   Acudide á asemblea, o venres día 17  ás 11:30 horas no Carvalho Calero . Personal pasivo del naval de Ferrol pide la restitución del paquete de Navidad, del que se benefician 12.000 personas RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Lunes 16 diciembre 2013 | 13:41 A poco más de una semana para la Nochebuena, miles de familias de la comarca no han recibido este año el tradicional paquete de Navidad. No todos los centros de Navantia entregan este lote alimenticio, pero en los astilleros de Ferrol y Fene es algo más que una costumbre, como las correspondientes colas para poder recogerlo. Este lunes, jubilados, prejubilados, pensionistas, huérfanos y viudas han abogado

Inauguración. Exposición: "Man de Camelle", en Narón.

O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 16 ó 30 de xaneiro a exposición ‘Manfred, o alemán de Camelle’. Trátase dunha recopilación da súa obra artística, fotografías e textos deste artista que fixo da Costa da Morte o seu lugar de traballo e de vida. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 19:00 horas. A entrada é gratuita, e os horarios de visita son os seguintes: de luns a venres: de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e sábados: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, o mércores 29 de xaneiro terá lugar a proxección do documental ‘MANfred, home sen paz’, ás 20:30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. Esta exposición está promovida pola asociación cultural Fuco Buxán e a Fundación Man Camelle, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón. Nova: http://ferrol360.es/o-pazo-da-cultura-de-naron-acolle-unha-exposicion-de-manfred-o-aleman-de-camelle/

Presentación do libro " Camiños de Escuma e Vento" de Manuel López.

A nosa asociación prácese en anunciar a presentación do libro de Manuel López "Camiños de Escuma e Vento" , que terá lugar o xoves día 16 de xaneiro de 2014 na Galería Sargadelos de Ferrol ás 20:00 horas .  Intervirán:  José Torregrosa   (Directivo da A.C. Fuco Buxán) Manuel López   (Autor) Rafael Pillado  (Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán) Estades todas/os convidadas/os!