Saltar ao contido principal

Conferencia de Xosé Manuel Beiras: “Un Réxime en Crise Terminal”



A A. C. Fuco Buxán convida a toda a cidadanía á vindeira Conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela) político, escritor, catedrático de estrutura económica na universidade de santiago de compostela. Conferencia “Un Réxime en Crise Terminal” o xoves 28 de abril ás 20:00 horas no centro cultural Carvalho Calero, Ferrol, dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso].

Asi mesmo, queremos informar dos vindeiros actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]:

Antón Losada Trabada, (Xove), xornalista, escritor e político galego, profesor de ciencia política na USC, analista da cadena ser, articulista na prensa escrita e comentarista na tv. Presentación do seu libro “Los ricos vamos ganando” e posterior Conferencia para o xoves 05 de maio ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.

Carlos Manuel Callón Torres (Riveira) escritor e político, licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola USC, exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa. Presentación do seu poemario “Atravesar o fantasma” e posterior Mesa – Debate “Vivir en Galego” [Compromiso coa lingua] coa presenza dos poñentes Xurxo Souto (músico, escritor, licenciado en filoloxía clásica) e Xosé María Dobarro Paz, (catedrático de lingua e literatura galega, investigador da literatura galega), o mércores 18 de maio de 19:30 a 21:30 horas no centro cultural Carvalho Calero na praza do Inferniño (Ferrol).