Centro Social A Comuna (A Coruña) - 10 novembro, 20h : charla sobre a planta de Reganosa na Ría de Ferrol
Compartimos o anuncio que fan dende o Centro Social A Comuna da Coruña dunha charla que terá lugar o xoves 10 de novembro no seu local por parte do Comité Cidadán de Emerxencia . A Comuna acolle unha charla sobre a planta de Reganosa na Ría de Ferrol O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol falará sobre a ilegalidade, perigosidade e impacto desta instalación A Coruña, 9 de Novembro de 2016 – Cada gaseiro que entra no estuario ferrolán é recibido cunha concentración do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, colectivo que afirma que o caso de Reganosa é un dos exemplos máis claros das peores prácticas políticas e económicas que sufriu o país nos últimos anos e das súas consecuencias. Co motivo de que non se repita e se difunda esta loita, a agrupación acudirá ao Centro Social Autoxestionado A Comuna para explicar esta problemática a partires das 20.00 horas. Esta plataforma afirma que a instalación da planta de Gas Natural Licuado (...