Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" - Información e solicitude de participación

Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" no Ateneo Ferrolán, do 13 ao 15 de novembro de 2015" Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, ditaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o " Centro Gallego e Hijas de Galicia " ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, intervirán na Galiza mediante as sociedades de instrución e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fun

Posicionamiento sobre os Refuxiados

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN  Posicionamento diante da situación das persoas que buscan refuxio en Europa e diante das respostas e actuacións dos gobernos europeos: As organizacións en defensa dos Dereitos Humanos levamos xa moitos anos reivindicando e denunciando a situación de conflito que viven algúns países do mundo, sobre todo, países da franxa norteafricana como é Siria e Libia por exemplo.          Nas últimas semanas estamos vendo como miles de persoas están chegando a países de Europa en busca de refuxio. A resposta de Occidente non pode ser máis vergoñenta e hipócrita. Vemos como países, como Hungría ou Eslovenia, enchen o seu territorio de cercas con  concertinas e agreden a estas persoas con grandes doses de violencia.           Estamos vendo tamén como países, encabezados por Alemaña, deciden tomar cartas no asunto e parecen dar repentinas mostras de solidariedade e humanitarismo, cando ata hai ben pouco actuaban con total conivencia con réximes dictatoriais,

AGE: Pregunta sobre REGANOSA na Comisión Europea

A Parlamentaria de Alternativa Galega de Esquerdas, Lidia Senra, formulou unha pregunta sobre a Planta de Gas de REGANOSA, na Comisión Europea. Ver información na web do Comité Cidadán de Emerxencia

Roteiro Ferrol en Feminino 2015

ÁLBUM FOTOGRÁFICO A A.C. Fuco Buxán participou no roteiro “Ferrol en Feminino 2015” que o pasado 25 de setembro, organizado pola Concellalía da Muller, percorreu as Rúas e Prazas ferrolás para dar a coñecer e salientar a participación da muller, ao longo dos tempos, na Historia da nosa cidade. Mulleres anónimas, peixeiras, carboeiras, augadoras, carrexadoras, lavandeiras, estudantes e tamén outras con nome e apelidos, como:   Concepción Arenal, Aurora Rodríguez, Mela “a carboeira”, Ángeles Alvariño ou Amada García.

A Coruña das Irmandades da Fala

Cos comentarios de Moncho do Orzán e Xurxo Souto. E con moi bon tempo, segundo os prognósticos . Saída de Ferrol este domingo ás 9.30! (Saída na Coruña desde o monumento a Curros Enríquez nos Xardíns ás 11.30h).

Caravana Feminista en Ferrolterra

Como vos fumos informando a Caravana Feminista chega a Galiza e entra por Ferrolterra o día 5 de outubro e estará aquí tamén o día 6, para estas datas nas que vai estar con nos preparamos actividades diversas.  Gostaríanos moito que participedes con nos nesas actividades que a Marcha Mundial das Mulleres preparamos. Polo que  vos achegamos un mapa cos sitios e horarios donde vanse realizar. "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres: mmmferrolterra@gmail.com www.feminismo.info https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza twitter.com/MMMGaliza

Roteiro Ferrol en Feminino

A Ruta Ferrol en feminino celebrarase este venres 25 de setembro e permitirá visibilizar a historia das mulleres na cidade. Ferrol acollerá este venres 25 de setembro a celebración da Ruta Ferrol en Feminino, que estivo esquencia estes últimos catro anos, e que servirá para poñer en valor e dar coñecemento a numerosas mulleres que cos seus feitos e o seu traballo e vida forman parte da historia da cidade.  A Ruta Ferrol en Feminino incluíuse na programación das festas de verán pero tivera que ser aplazada debido a que a situación de alerta meteorolóxica desaconsellaba a súa realización. A nova data escollida para a súa celebración é mañá venres 25 de setembro, as 19:00 horas. O punto de partida será o parque das Ranitas de Ferrol Vello e está prevista a participación de todas as entidades que forman parte do Consello Sectorial da Muller, da Marcha Mundial das Mulleres e do colectivo de mulleres que están a constituír un

Lídia Senra: "Sen prezo e sen control da produción non hai futuro para o sector leiteiro"

  Presumíbelmente, hoxe algunhas das partes asinarán un acordo en Madrid malia que non recolle as demandas do sector leiteiro galego .   Cómpre a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador e establezan o regulamento da produción   Bruxelas, 23 Setembro 2015.   Bon día a todas e todos! Hoxe escenifícase en Madrid, unha vez máis, un peche en falso da situación de inestabilidade na que a liberalización total do sector leiteiro, derivado do fin de sistema de cotas, ten sumido ao sector leiteiro galego. Esta proposta de acordo "xurde xa eivada dende un primeiro momento" , valora a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGEe), Lídia Senra, posto que o texto non recolle "demandas fundamentais como a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador, que cubra custos e traballo" . Aliás, a proposta do Ministerio de Agricultura novamente carece de responsabilidade e implicación institucional, ao non plantexar a

Concentración de dor, denuncia e reivindicación

Ante a morte de Carlos Midón, o movimento antidesafiuzamentos de Ferrolterra convoca unha Concentración de dor, denuncia e reivindicación. O movimento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna, como noutras zonas da Galiza, convocamos en Ferrol para o Venres 25 de Setembro, ás 6 da tarde, unha concentración na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Con toda probabilidade que sexa unha convocatoria conxunta da PAH de Ferrol e Comarca e STOP-Desafiuzamentos da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, co apoio das Marchas da Dignidade, e agardamos recibir mais apoios. O motivo da concentración é o de amosar a nosa dor ante a morte de Juan Carlos Midón Míguez , que se quitou a vida o pasado 21 de setembro. Carlos era un compañeiro de STOP-Desafiuzamentos de Compostela, que fora desafiuzado coa súa familia hai un ano en Aríns . Vítima dunha estafa e un cúmulo de circunstancias adversas, dun sistema inxusto que non rescata ás persoas,

Solidariedade galega coas persoas refuxiadas

Convocadas mobilizacións o 13 de setembro nas cidades galegas Ante a crise humanitaria que afronta a UE, con milleiros de persoas a procuraren refuxio, as organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG; as organizacións políticas PSOE, BNG, EU e Podemos; a Asemblea de Cooperación pola Paz, máis outras organizacións políticas e sociais que agardamos que se adhiran, reunímonos hoxe para consensuarmos a postura e accións para levar a cabo. Mobilizacións o 13 de setembro en solidariedade coas persoas refuxiadas Nesta reunión acordouse a convocatoria de mobilizacións nas principais cidades o vindeiro 13 de setembro baixo o lema «solidariedade galega coas persoas refuxiadas». As organizacións convocadoras, que procuran unha mobilización aberta e inclusiva, chaman a cidadanía a participar nestas mobilizacións. Ao remate delas lerase un manifesto consensuado polas

A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN, COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO DIARIO DE FERROL

Ante a convocatoria de folga para o mércores e xoves, 2 e 3 de setembro, por parte dos traballadores e traballadoras do DIARIO DE FERROL , a Asociación Cultural Fuco Buxán, mediante o seguinte comunicado, quere facer pública a súa solidariedade plena cun colectivo que vén defendendo, nunha longa loita, a súa dignidade como profesionais, segundo as súas propias palabras, "porque queremos informar, non mendigar; queremos un traballo digno e con dereitos e esiximos o pagamento íntegro dos nosos salarios". Como cidadáns, non podemos permanecer alleos a un problema que a todos nos incumbe: é a liberdade de expresión, dende o noso único xornal local, en definitiva, o que está en xogo, mentres o súa equipa - que deu máis que suficientes probas de buscar solucións razoables a uns problemas dos que nunca foron responsables- vén sendo vítima dunha situación laboral insostible da que non son merecedores e que pon en certo risco o seu futuro e o noso dereito a ser informados. E