O 10 de marzo do 72, a comarca de Ferrol levantouse contra a ditadura. Os traballadores da Bazán foron a punta de lanza en contra daquel réxime de opresión e explotación, ó servicio dunha minoría poderosa. (O xefe dos servizos secretos de Franco consideraba que, naqueles momentos, a ría de Ferrol, especialmente Bazán, estaban perdidos para o réxime). Aqueles feitos, pese ó intento do réxime de silencialos, foron coñecidos a nivel mundial, e recibiron amplas expresións de solidariedade. Ó rememorar aqueles momentos, facémolo traendo ó presente, en primeiro lugar, a Amador e Daniel, como vítimas directas daquel acontecemento histórico e as súas familias. Pero non podemos olvidar a cantos foron feridos, detidos, multados, encadeados, exiliados, despedidos: represaliados polo franquismo, en definitiva. E sen dúbida, están moi presentes, por encabezar aquela loita, Xulio Aneiros, Paco Filgueiras,...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."