Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Esteiro

Fundaçom Artábria - Palestra sobre a historia do Bairro de Esteiro con Guillermo Llorca: venres 10, 20h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a Fundaçom Artábria para este venres 10: Na  sexta-feira 10 , o professor, historiador, escritor e jornalista ferrolano  Guillermo Llorca  recuperará numha palestra a "Memória histórica do bairro de Esteiro". A conferência começará às  20.00hs .

Comedor Social de Esteiro

A Xunta Directiva da AV de Esteiro queremos respostar ás declaración formuladas, pola Concelleira de Benestar, Dona Rosa Martínez Beceiro, no día de onte nos medios de comunicación ao respecto da ubicación do Comedor Social de Esteiro no noso local social, debido a que só amosaran interese por el unha persoa. A Concelleira de Benestar estivo no mes de febreiro no da Av de Esteiro e nos dixo que se ía poñer a funcionar o Comedor Social canto antes, todo o máis tardar no mes de Maio. Como non foi verdade denunciamos reiteradamente a necesidade de rematar as obras precisas para poñer a andar esa infraestrutura. Dirixímonos á Concelleira para que se cambiase a fiestra do local onde se ubica o comedor por que está deteriorada e produce friaxe e humidade. Non aceptou a nosa proposta. Manifestamos que se puxese taríma flotante como estaba previsto no proxecto anterior. Non aceptou a nosa proposta. No mes de xuño SOLICITAMOS da Concellería de Benestar que, dado que en Xullo, Ago...