Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia.

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia , no ATENEO FERROLÁN , día 30 de novembro (sábado), 10 a 12 horas. Estáis convidad@s á reunión personas, asociacións e entidades que conforman o colectivo, así como aquelas que teñan curiosidade sobre os determinantes sociais que actúan sobre áreas como a saúde, a calidade de vida e grupos de poboación... Vos esperamos a tod@s! E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña) BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.cm/ Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Presentación do documental "Carga de Dignidade", realizado por Xosé Bocixa.

O Venres , 29 Novembro , ás 19:30 horas , na Galería Sargadelos, terá lugar a presentación do documental realizado por Xosé Bocixa , que recolle a acción popular "Carga de Dignidade". Ó remate do mesmo, ás 21:00 horas . haberá unha concentración na Praza de Armas , onde terá lugar un samaín reivindicativo organizado polas centrais sindicais. Nesta ligazón tedes o cartaz do filme para descargar e compartir: https://drive.google.com/file/d/0B3TTMFibsMw9V09xbFJmS1RXMnM/edit?usp=sharing Varios traballadores/as de Navantia, penduraron de novo no enreixado da factoría as pancartas creadas para tal evento, por parte de alumnos e profesorado do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, C.E.I.P. San Xoán de Filgueira, C.E.I.P. Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e do Instituto Concepción Areal. Fotos de hoxe: https://picasaweb.google.com/109599581377540590361/PenduradoDePancartas Carga de Dignidade:   http://cargadedignidade.blogspot.com.es/

SOS Sanidade Pública Folga Sanitaria

FOLGA XERAL NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA OS DÍAS 9 E 10 DE DECEMBRO. Os sindicatos CCOO e CIG convocamos folga xeral na sanidade pública galega os días 9 e 10 de decembro en contra das privatizacións, os copagos e os recortes na sanidade. A Federación de Sanidade de CCOO e a CIG Saúde rexistraron este luns a convocatoria de folga no SERGAS dende as 22 horas do día 8 de decembro ata as 22 horas do día 10 de decembro, chamando tamén á cidadanía a sumarse á protesta contra a privatización, os copagos e os recortes laborais e salariais na sanidade pública, que poñen en perigo a súa continuidade pudendo levar á súa desaparición. Durante anos, o goberno da Xunta e mais o central impulsaron todo tipo de privatizacións. Feijóo leva 5 anos na Xunta; nunca un goberno, en tan pouco tempo, fixo tanto dano á Sanidade Pública e ás usuarias e usuarios. O señor Feijóo e a señora Mosquera atacan a Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións, co copagamento e cos continuos reco

Asemblea aberta en Defensa da Participación Cidadá

A Asemblea aberta en Defensa da Participación Cidadá, fai un chamamento e Convoca a cidadanía para celebrar unha concentración veciñal na Praza do Concello Praza de Armas este vindeiro XOVES-28 ás 19:00 horas , denunciando as últimas medidas do Alcalde en restrinxir a entrada ao Plano e o desmantelamento da Participación Cidadá. Previamente, a partir das 18:00 horas faremos un reparto informativo dirixido a cidadanía ante a falta de compromiso do actual Goberno Municipal coa Participación Cidadá que aprobou no seu día e por unanimidade do Pleno Ferrolán. Asemblea en Defensa da Participación Cidadá. www.participacion-ferrol.blogspot.com

Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz".

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que leva no Ateneo Ferrolán dende o 15 de novembro e finaliza o vindeiro día 30. O venres día 29 ás 20:30 Horas terá lugar unha Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz", un audiovisual Premio Mestre Mateo 2011 dirixido por Simón Vázquez de Infiernos TV S.L.  Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán.

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia.

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia. A violencia de xénero é consecuencia da discriminación que sufren as mulleres e da persistencia de desigualdades por razón de xénero na sociedade. ESPAZO Ecosocialista considera que o impulso de actuacións en todos os ámbitos posibles: sociais, económicos, políticos, culturais... que permitan acadar a igualdade efectiva e real entre homes e mulleres será o que consiga erradicar a violencia de xénero, manifestación extrema da desigualdade. O recurso á violencia está presente en todos os países e en todos niveis sociais. No que vai de 2013, no Estado Español, 44 mulleres e 5 menores de idade foron vítimas mortais da violencia machista. Estes datos sobre vítimas mortais son a punta do iceberg do problema da violencia contra as mulleres. Nos seis primeiros meses de 2013, presentáronse 2552 denuncias por violencia de xénero en Galicia e 60 981 en todo o estado español

ACTOS 25 NOVEMBRO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA.

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVÍDARVOS UN ANO MÁIS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL ÁS 20:00 HORAS . O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. "O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista. MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA . Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

Nota do CCE: Os gaseiros de Gas Natural –Fenosa versus Reganosa e Navantia.

Destápase nestes dias o escándalo de que Gas Natural Fenosa versus Reganosa ( un dos seus máximos accionistas) e Repsol adxudican 4 gaseiros aos estaleiros de Xapón e Korea. Estando os nosos sen carga de traballo, a construción destes catro buques, serviría para paliar a gravísima situación que atravesamos cando máis de 2000 traballadores das Compañías Auxiliares xa están na rúa. É rechamante que nos útimos anos os directivos de Reganosa (Planta de Gas ilegal, perigosa, deficitaria e destrutiva para a nosa Ría), tentando - sen escrúpulo algún - gañarse á cidadanía, véñennos bombardeando con que Reganosa promove o traballo en Navantia, coa reparación de gaseiros, vestíndose con plumas alleas, xa que Navantia vén realizando estas reparacións desde 1993. A adxudicación dos gaseiros aos estaleiros asiáticos demostra o interese real, de Reganosa e os seus socios, polo emprego nesta comarca. Unha vez máis aos traballadores e cidadanía desta comarca tocaranos seguir padecendo a

Presentación da Revista "Razón Socialista" Nº 35.

A. A.C. Fuco Buxán convida a toda a cidadanía á presentación do Nº35 da súa revista semestral "Razón Socialista" , que terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro, ás 20,30 horas, no Ateneo Ferrolán . Presentación do Nº 35 de “Razón Socialista” a Revista semestral de Fuco Buxán, subtitulada "Pola rexeneración da Esquerda" . Intervirán: Xosé M. Martín (articulista), Manuel Cendán e Xosé Torregrosa (subdirector e Director da Revista). Edita: www.publilar.es

Hoxe ás 19:00 horas, no 93.9 FM da Ràdio FilispiM, "O Recuncho nº 164".

Mércores, 20 de novembro de 2013, de 19,00 a 20,00 horas no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:  http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg   Repetición radiofónica: Domingos, 12 horas e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 164 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitada:   Conexión telefónica con Tareixa Pereiro da Marcha Mundial das Mulleres, para falar do 25-N, Día Internacional contra a violecia de xénero. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa:  ”Ateneo invadido” Na “Sección Poética”   de Lorena Calaza:  Poemas do Prestige. Os libros   de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música:  Galicia, sen máis... Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com Email: fucobuxan@gmail.com – teléfono directo: 981371040

Mesa Redonda sobre a LOMCE

Organizado poola A.C. Fuco Buxán: Mesa Redonda:     A LOMCE Unha Lei neliberal, privatizadora e clasista. Venres 22 de novembro, ás 19,30 horas, no salón de actos do Instituto Concepción Arenal de Ferrol. Presenta: Celso Posada Fernández , mestre e responsable da Área de Xuventude de Fuco Buxán. Interveñen: Jurjo Torres Santomé , Catedrático da UDC, Helena Gómez Vecino , Presidenta da CONFAPA, Marcos Abad, Sindicato Estudantes de Ferrolterra. Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240. Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España. fucobuxan@yahoo.es www.fucobuxan.com

Tod@s co Ensino Público e Navantia

A Asociación Cultural Fuco Buxán apoia a Folga e a Manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes , que sairá o mércores 20, ás 12 horas, do Edificio Administrativo da Xunta da Galicia (Praza Amada García – Ferrol). Manifestación unitaria na que a cidadanía, estudantes, nais, pais, comunidade educativa, Asociacións, Partidos, Sindicatos, Traballadores/as de Navantia, esixiran rotundamente a retirada inmediata da LOMCE, a dimisión de Wert, a retirada do Decreto de Becas e Comedores, a subida de Taxas universitarias, e todas as medidas coas que o goberno do PP pretende desfacer o Ensino Público.

Pola dignidade de Galicia: NUNCA MÁIS !

O movemento cidadán Nunca Máis volveu este venres a encher as rúas e prazas de Galicia para clamar contra "a impunidade" da sentenza do Prestige na que non houbo ningún condenado por delito contra o medio ambiente. Baixo lema 'Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis', milleiros de cidadáns e cidadás, representantes do tecido asociativo, do mundo da Cultura, militantes sindicais, do PSOE, do BNG, de AGE, mobilizáronse para mostrar a súa indignación e para exixir que se faga Xustiza polo desastre ambiental nas costas galegas. Nin os responsables políticos: Aznar, Rajoy, Álvarez-Cascos, nin os imputados no proceso son declarados culpables tras un macroxuizo que levou once anos resolver. Tamén o Goberno queda eximido de sufragar os danos que se lle reclamaban. Alguén dixo que “estamos ante un segundo naufraxio, o da xustiza". A Plataforma NUNCA MÁIS ten que volver ás rúas. Non queda outro remedio que seguer loitando contra este desp

TODOS/AS CON NAVANTIA

A A.C. FUCO BUXÁN , súmase e convida a toda a cidadanía a apoiar as Mobilizacións de NAVANTIA , para esixir carga de traballo, e na defensa do emprego e da vida social e económica de Ferrol Terra. 19 de novembro. - Saída a rúa da plantilla de Navantia e acción no exterior. 20 de novembro. - Mobilización coincindo coa mobilización da Folga do Ensino. 26 de novembro .- Mobilización no Parlamento de Galicia (Compostela). 28 de noviembro. - Peche na factoría ate as 18:00 hs e visita ao Pleno do Concello de Ferrol 1 de decembro. - (Domingo) Manifestación Cidadá en Ferrol, convocada polos Comités de Empresa de Navantia. 5 de decembro. - Asembleas nos Centros (se supon que o día 4 será presentado o Plan de Empresa).

Importante traballo sobre a Ría, do profesor Jerónimo Bouza.

Convidámosvos a coñecer o importante traballo sobre a Ría de Ferrol realizado polo Profesor Jerónimo Bouza Vila Doutor en Historia (Antropoloxía Cultural). URBANISMO Y PRIVATIZACION EN EL LITORAL DE LA RIA DE FERROL, publicado en la Revista Bibliográfica de Geografía y Ciencias Sociales. Universidad de Barcelona. Noviembre 2013. Urbanización y privatización en el litoral de la ría de Ferrol (Resumen): La ciudad de Ferrol estuvo siempre ligada a la actividad del Arsenal militar y de los astilleros; con esa finalidad fue diseñada y construida. En la actualidad, los astilleros han sido marginados por las políticas de construcción naval de la Unión Europea y el sistema militar ha sido reestructurado. Los motores económicos de la ciudad se han quedado parados. Por otra parte, el patrimonio cultural y natural es una riqueza extraordinaria, y es contemplado como una actividad complementaria que puede contribuir a la reactivación económica; pero ni existe un proyecto altern

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen”.

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen” o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca: CONCENTRACIÓN Lúns, 18 Novembro 2013, ás 19:00 horas, diante Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na praza Amada García de Ferrol. Características do buque: Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.-26.5 m, Calado.- 11.95 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Comedor Social de Esteiro

A Xunta Directiva da AV de Esteiro queremos respostar ás declaración formuladas, pola Concelleira de Benestar, Dona Rosa Martínez Beceiro, no día de onte nos medios de comunicación ao respecto da ubicación do Comedor Social de Esteiro no noso local social, debido a que só amosaran interese por el unha persoa. A Concelleira de Benestar estivo no mes de febreiro no da Av de Esteiro e nos dixo que se ía poñer a funcionar o Comedor Social canto antes, todo o máis tardar no mes de Maio. Como non foi verdade denunciamos reiteradamente a necesidade de rematar as obras precisas para poñer a andar esa infraestrutura. Dirixímonos á Concelleira para que se cambiase a fiestra do local onde se ubica o comedor por que está deteriorada e produce friaxe e humidade. Non aceptou a nosa proposta. Manifestamos que se puxese taríma flotante como estaba previsto no proxecto anterior. Non aceptou a nosa proposta. No mes de xuño SOLICITAMOS da Concellería de Benestar que, dado que en Xullo, Ago

Comunicado Sindicato de Estudantes

Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento ós traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro Wert. A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para que os estudantes fillos de trabalaldores podamos acceder a unha educación de calidade. Pero o ataque ó ensino público non é algo illado do resto de ataques que o PP está levando a cabo. A LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados pola loita do movemento obreiro durante décadas. En dous anos de goberno, o PP atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, suebu impostos..., e todo cun único obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non hai cartos para

ICV, aliado de Espazo Ecosocialista, leva a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea.

Iniciativa per Catalunya Verds, aliado de Espazo Ecosocialista, leva a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea. O eurodeputado de ICV adscrito ao grupo dos Verdes/ALE, Raül Romeva, trasladou a sentenza da Audiencia Provincial de Coruña á Comisión Europea despois de que tanto a administración e os 3 acusados quedasen absoltos dos delitos contra o medio ambiente e que só o capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras, fose condenado a 9 meses por un delito de desobediencia grave á autoridade que nin sequera terá que cumprir polos seus 78 anos de idade. "Que mecanismos ten a Comisión para garantir que, por parte dos órganos competentes e responsables, esíxese o cumprimento da normativa comunitaria en termos de Responsabilidade Ambiental?", preguntou Romeva que tamén quere saber se a Comisión percorrerá a sentenza por incumprimento do principio "Quen contamina paga". Dado que a sentenza do pasado 13 de novembro "prexudica a prevención dos accidentes

Alternativa Galega de Esquerda define a sentenza do ‘Prestige’ como a consecuencia dun “xuízo andrómena que remata en fracaso”.

O deputado Antón sánchez lembra que os verdadeiros responsábeis da catástrofe non foron xulgados e son hoxe presidente do Goberno ou director xeral da Garda Civil Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013.- Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a sentenza do Prestige lida esta mañá na Coruña non é máis ca a consecuencia lóxica dun “xuízo andrómena que remata en fracaso”. Así o manifestou ante, nos corredores do Parlamento de Galicia ante os medios de comunicación, o deputado de AGE Antón Sánchez, para quen, ademais, os verdadeiros e últimos responsábeis da catástrofe non foron xulgados: “Un deles é presidente do Goberno e outro, director da Garda Civil”. Referíase a Mariano Rajoy, daquela ministro de Interior, e a Arsenio Fernández de Mesa, daquela delegado do Goberno español en Galiza. O proceso vén de se saldar cunha condena leve ao capitán Mangouras e absolución do Estado de calquera culpa. En calquera caso, a absolución de todos os implicados ratifica outra das c

Resumo da I Conferencia Política de Espazo Ecosocialista (Videos)

Enlaces onde podedes ver as diversas sesións da I Conferencia Política de Espazo Ecosocialista (19 de outubro de 2013): - Mesa Redonda O Papel da Cidadanía no Cambio. Guillermo Cid, membro de Ecoar (Vigo), e Antón Gomez-Reino, membro de RDS (A Coruña) falan das súas respectivas experiencias de converxencias sociais: www.espazoecosocialista.org/index.php?option=com_content&view=article&id=224:o-papel-da-cidadania-no-cambio&catid=80&Itemid=501 - Conferencia sobre as políticas verdes en Europa. Intervención de Mar García Sanz do Comité do Partido Verde Europeo e de ICV: www.espazoecosocialista.org/index.php?option=com_content&view=article&id=223:as-politicas-verdes-en-europa&catid=80&Itemid=501 - Panel de Novas Axendas Políticas. Intervencións de Xoán Doldan, de Vespera de Nada, sobre novo modelo enerxético; Ramon C. Rodríguez, de Coop 57, sobre novo modelo económico; Xose Lois Rivero, da Campaña Roupa Limpa, sobre novo modelo de consumo; Man

O QUE ESCONDE O VIADUCTO DO TREN AO PORTO EXTERIOR

Espalla e difunde : Prega-se toda a difusión posíbel do vídeo , do enlace ao blogue e da conta no facebook . Pouca xente coñece cal é a razón que hai detrás deste trazado e queremos que todo o mundo coñeza a verdade desta grave situación. Blog: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com   Facebook: http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538 Contacto: queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com Video en Galego: http://youtu.be/ui4UQA4MAus Video en Castelán: http://youtu.be/1fR7lcgHRHE Nova que publica La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/11/12/foro-voz-analiza-impacto-laboral-puerto-ferrol/0003_201311F12C2994.htm

Exposición "Man, o alemán de Camelle"

Inauguración Venres, 15 de novembro de 2013 ás 20:30 horas no Ateneo Ferrolán. A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que terá lugar no Ateneo Ferrolán do 15 ó 30 de novembro de 2013. Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán . http://www.mandecamelle.net/MAN.htm

Hoxe; de 19 a 20 horas, na canle 93.9 FM Ràdio FilispiM "O Recuncho nº 163".

Mércores, 13 de Novembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 horas e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº163 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados:    Marichy Cuadrado e Celso Posada, que falarán da nosa compañeira Victoria e da Folga do Ensino. A Exposición “Man, o alemán de Camelle” que se inaugura o vindeiro venres, dia 15. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa: ”Victoria, Victoria ” Na “Sección Poética”   de Lorena Calaza: Marta Dacosta. Os libros de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música: Lou Reed. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com E-mail: fucobuxan@gmail.com Teléfono directo: 981371040

Falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes.

Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes, tras unha breve, pero irreversible, enfermidade. Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias. Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador. Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo pol

Pésame ante o falecemento de Carmen Arias, viuva de Isaac Díaz Pardo.

Con motivo do falecemento de Carmen Arias, viuva de Isaac Díaz Pardo, remitimos con noso sentimento o seguinte comunicado á súa familia: Estimado Camilo: Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán, enviámosvos a toda a familia Díaz Arias a nosa sentida condolencia e solidariedade. Sempre esta Asociación, e todos nós, sentímonos moi vinculados a Isaac e Mimina e á súa obra, e moi agradecidos polo apoio que en diversas ocasións prestáronnos. Valoraremos sempre como un dos eventos mais importantes da nosa Asociación a Homenaxe de Galicia a Isaac, aquí organizado no ano 2007, que nos brindou a oportunidade de convivir con eles tan próximos e entrañables momentos. Unha sentida aperta, en nome de toda a Directiva. Manuel A. Rodríguez Carballeira. Presidente da A. C. Fuco Buxán. Na nosa Web: http://fucobuxan.net/81-comentarios/679-mimina

Ministerio del Interior: Retiren las concertinas (alambres con cuchillas) de las vallas de Ceuta y Melilla

Petición dirigida a: Jorge Fernández Díaz     Enrique Laso Ministerio del Interior: Retiren las concertinas (alambres con cuchillas) de las vallas de Ceuta y Melilla.    El hambre y la desesperación son las principales causantes de los flujos migratorios desde el principio de los tiempos. También el sano deseo de prosperar y darnos, como seres humanos, una oportunidad para exprimir al máximo nuestras capacidades. Todos adoramos la tierra que nos ha visto nacer: el entorno, los amigos, la lengua, el paisaje, la comida, la famlia... Vinculos muy estrechos que una vez forjados en la infancia se vuelven inexpugnables: amamos ese entorno del primer aprendizaje y relación con el medio. Despegarnos de él suele ser una medida última , porque resulta terrible para la mayoría de las personas. Ahora el Ministerio del Interior , como ya hiciera a mediados de la década pasada, está instalando nuevamente las terribles concertinas (alambradas r