Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AUME

Manifesto da AUME Galiza

A nosa Asoci ación Cultural Fuco Buxán, amosa o seu total re xeitamento a condena que está a sufrir Jorge Bravo ao ver recortado o seu dereito de liberdade de expresión, por iso ofrecemos todo o apo i o a AUME que de nó s poidan precisar. A continuac ión vai o c o municado da AUME en Galicia:   Ola compañeiros, como xa sabedes, o día 2 de abril o presidente de AUME, Jorge Bravo foi sancionado cunha pena de 31 días de prisión militar por falar nun medio de comunicación. Bravo mostraba a súa preocupación pola eliminación da paga extra de Nadal para os funcionarios, incluídos os militares; advertía que non era a primeira rebaixa de salario que sufrían, e propoñía que, antes de diminuír os salarios dos funcionarios, se suprimisen «gastos superfluos», como celebracións en unidades, xuras de bandeira civís, utilización de coches oficiais ou festividades de patróns, entre outros. Desta vez o ataque do Goberno e completamente desproporcionado, sobretodo, frente ao trato benévolo...

A nosa solidariedade con Jorge Bravo, presidente da AUME

  A Asociación Cultural Fuco Buxán expresa a súa solidariedade coa Asociación Unificada de Militares Españois e especialmente co subtenente Jorge Bravo, sancionado cun mes e un día de privación de liberdade, por facer declaracións relacionadas con reivindicacións profesionais dos militares, no exercicio do seu cargo como Presidente desa Asociación. Declaracións que pretenden mellorar a calidade de vida das Forzas Armadas defendendo os dereitos salariais deste colectivo, denunciando o malgasto do diñeiro público en asuntos superfluos e innecesarios. Consideramos que é un novo ataque ao dereito de Asociación dentro do estamento militar e a aplicación dun réxime disciplinario obsoleto e inadecuado, nun estado democrático que debería velar porque toda a cidadanía - tamén os militares - poidan expresar e defender, con liberdade e dignidade, os seus dereitos profesionais e cidadáns. Noticia en Público Noticia Telecinco N oticia AUME