Mañá mércores, 29 de maio, ás 12:00 h, nas escaleiras da Praza de Armas de Ferrol , terá lugar a rolda de prensa, presentación da acción artística popular "Carga de Dignidade" que se levará a cabo o próximo domingo 2 de Xuño na reixa de Navantia. Na mesma comparecerán Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina”, acompañados por todos os sindicatos, partidos, e colectivos que organizan a acción. Contar coa vosa presenza para poder difundir e chegar á cidadanía este acto pola Dignidade. Organizan: Radio Buguina Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. Sindicatos: Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). Partidos políticos: ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Comprom...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."