Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

Fuco Buxán na Homenaxe a Carrillo

"El mejor homenaje que se le puede rendir a Santiago, es aportar nuestro esfuerzo y nuestra inteligencia para conseguir esa sociedad más justa donde no sigan pagando los mismos, la gente más humilde, la clase trabajadora, los crímenes y los errores de los de siempre"    Santiago Carrillo Menéndez.   Fuco Buxán estivo onte, cunha ampla representación, no Teatro Jovellanos e na ofrenda floral no porto de Xixón, homenaxeando a Santiago Carrillo, o seu Socio de Honra.   Álbum fotos Fuco Buxán Álbum fotos EL COMERCIO.es NOTICIAS.RTV PUBLICO.es EL COMERCIO.es (video) RTPA (Video)

Mesa Debate: A crise nos espazos culturais.

A Área da muller da A.C. Fuco Buxán, organizaron tamén un tempo o un espazo para a reflexión e o encontro.....e o diálogo .... o cal estabades invitadas /os   a participar:   Celebrouse o xoves 18 de outubro no l ocal da A. C. Fuco Buxán.   Foi unha Mesa-Debate: " A crise nos espazos culturais ".   Participaron: O C olectivo Sociocultural ANDARAVÍA e JOSÉ TORREGROSA , mestre, escritor e directivo da nosa Asociación.   Modera ro n: Esperanza Vidal e Mercedes Losada.

Mesa-Debate: Muller e sociedade en crise

Foi organizado polo Grupo de Mulleres de Fuco Buxán, “Encontros para o diálogo”, celebrouse o xoves 4 de Outubro, no Local de Fuco Buxán, na rúa Armada Española, 32 baixo Caranza - Ferrol  As relatoras foron: Mª Xesús Boo, Yolanda Diaz, Susana Martinez, Beatriz Sestayo. E moderaron: Lucia Vizoso e Mª Victoria Fernández , directivas da Asociación.  Mª Xesús Boo Feijóo , é docente, militante de movementos ecopacifistas, de Espazo Ecosocialista Galego e candidata por Ourense ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.  Yolanda Díaz Pérez , é avogada, portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol, Coordinadora da súa formación en Galicia e candidata por A Coruña ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.  Susana Martínez Gadós , é avogada, e 2ª Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol, polo Grupo do Partido Popular. Beatriz Sestayo Doce, é avogada, Secretaria Xeral da Agrupación Local e membro da

Cena con Jorge Carrillo

    SPIRITUAL ( engadido na ed. de 1967 para substituír-lo anterior) Cicais mañá cando a miña mirada non abrolle na luz como cativa mapoula de auga, veña a soedade. Pero hoxe canto en libertá e mentras canto non estou isolado, que o corazón vai comigo e con il falo. Beberei a paisaxe nun amencer de lirios. As campanas do mar nos ventos fuxidíos. Cada intre un paxaro, cada pulso un latexo. Unha espada de chuvia cortando a frol do vento. Nin as olladas torvas, nin os beizos esquivos, nin as voces nemigas nin os homes cativos. Vivirei coma o lume alcendido na noite. Terei cumios de estrelas, cantarei para os homes. Estou comigo mesmo. O corazón é quen manda, i eu obedezo. Celso Emilio Ferreiro

O Drama dos Desafiuzamentos

En Granada aforcouse un home no patio da súa casa pouco antes de ca policía chegara para proceder ao desafiuzamento. PUBLICO O Poder Xudicial, non asume o informe que propón revisar os desafiuzamentos, elaborado por sete xuíces a petición súa. EL PAIS   Mañá ás 11:00 h.terá lugar o intento por parte das autoridades do desaloxo dunha vivenda, nesta viven unha parella e a súa filla de 8 anos de idade. A vivenda ocúpana en réxime de aluguer, pero debido á grave situación económica que están a atravesar e ante a imposibilidade de facer fronte ao pagamento o xuíz decretou o desafiuzamento destes. Hai que incidir que esta nena de 8 anos, padece unha enfermidade moi grave que require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear. A parella na actualidade percibe de servizos sociais a mísera cantidade duns 180 euros, o que lles imposibilita facer fronte a calquera pagamento. Agardamos contar mañá coa solidariedade d@s cidadáns de Ferrol para poñer fin a esta ba

O Próximo número de Razón Socialista

A nosa asociación xa está a traballar nun novo número da nosa revista Razón Socialista . Este número vai estar adicado á figura de Santiago Carrillo con motivo do seu falecemento, sendo socio de Honra da nosa asociación Fuco Buxán, merece unha importante atención e homenaxe pola nosa parte. Por outra banda, o vindeiro número da revista tamén analizará a situación política e social que estamos a vivir, tanto a nivel nacional, coma autonómico ou local entre outras cuestións que serán adiantadas no seu momento.

Xornadas Voluntariado e Coperación UDC

A universidade da Coruña celebra este xoves vinte e cinco de outubro, unhas xornadas sobre voluntariado e cooperación. A perspectiva de xénero na participación social. Terán lugar no salón de actos do vicerreitorado de Ferrol no campus de Esteiro. A matrícula é de balde. Teñen actividades para todo o día. Dende Fuco recoméndase a asistencia pois como din no seu panfleto é un achegamento a realidade social do noso contorno máis próximo e dende unha perspectiva de xénero.

COMUNICADO A CIDADANÍA firmado por varias Asociacións de Ferrolterra

Escrito firmado por Asociación Memoria Histórica Democrática, Asociación Cultural Muinho do Vento, Asociación Cultural Lefre de Caldereta, e Asociación Cultural Fuco Buxán: As asociacións abaixo firmantes, polo presente comunicado facemos un chamamento á veciñanza de Ferrolterra, para que o próximo 21 de outubro acudan a votar para frear as nefastas politicas de recortes impulsadas polo goberno do PP, que xeran máis pobreza, desmantelan o Estado do Benestar e afastan a saida da crise. A cidadanía debe mobilizarse fronte a estas políticas regresivas, que supoñen, no político, un atentado sistemático contra o réxime de liberdades democráticas, en un proceso de involución de corte abertamente fascista. No terreo económico, é urxente e imprescindible acadar unha moratoria no pago da Débeda ata consolidar a recuperación. Facemos pública a necesidade de apoiar electoralmente aos partidos que combaten ás políticas neoliberais, que garanten entre outras as seguintes demandas: 1.-

“Queren afundir a comarca. Impidámolo!”

Os Sindicatos CIG, CCOO, UGT e USTG, baixo o lema: “ Queren afundir a comarca. Impidámolo!”, convocan unha GRANDE MANIFESTACIÓN COMARCAL, mércores 17 de Outubro, ás 20,00 hs, dende o Inferniño para finalizar na Praza de Armas. A A.C. Fuco Buxán súmase e convida a participar nesta Manifestación.

Espazo para a reflexión

O grupo de mulleres da A.C. Fuco Buxán,ofertan un tempo o un espazo para a reflexión e o encontro.....e o diálogo .... o cal estades invitadas e invitados a participar: XOVES 18 de OUTUBRO ás 19.00 HS Mesa-Debate: " A crise nos espazos culturais ". Participan : Colectivo Sociocultural ANDARAVÍA e JOSÉ TORREGROSA, mestre, escritor e directivo da nosa Asociación. Moderan : Esperanza Vidal e Mercedes Losada. Lugar : Local da A. C. Fuco Buxán, Rúa Armada Española 32, baixo,(Caranza).

O Recuncho de Fuco Buxán

O Recuncho nº 117 O Recuncho de Fuco Buxán. Martes, 16 de outubro de 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: Radiofilispim O Recuncho” nº 117, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Marcos Abad, do Sindicato de Estudiantes, para falar das mobilizacións no Ensino. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Cultura burguesa e cultura popular” Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Pablo Neruda Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com.

"A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES, NON COS BANCOS"

Iniciada a campaña europea da Marcha Mundial das Mulleres, o pasado 4 de outubro, co lema "A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES, NON COS BANCOS", o próximo mércores 17 de outubro, marcharemos por unha vida digna e sostíbel. Convidamos á sociedade de Ferrolterra, a estar coa MMM, nunha acción reivindicativa en defensa dos dereitos das mulleres que coa escusa da crise económica nos queren arrebatar. Diremos NON ó capitalismo cruel que acumula as riquezas en mans dos poderosos, a través dun ROTEIRO, polo centro de Ferrol, parándonos nas principais entidades financeiras da cidade e berrando consignas como "os bancos saquean as nosas vidas e rouban os nosos dereitos". Este roteiro comezará ás 17:30 horas, na rúa Rubalcava, diante do Banesto.

A Nosa Biblioteca

POR QUE MARX TENÍA RAZÓN-Terry Eagleton. Península 2011 – 250pp. El Neoliberalismo no es el ùnico sistema social posible por más que sus apologistas y “expertos” tertulianos, en todos los frentes mediáticos, se empeñen en apuntalarlo machacándonos con la típica matraca económica adornada de pretensiones científicas. La durísima crisis global que nos aflige, expresada en ataques constantes al Estado del bienestar, puede ser el principio del fin de este modelo depredador, falto de sustancia y ya sin potencial para satisfacer necesidades básicas de los seres humanos. Desde los propios frentes mediáticos se censura/silencia la vigencia de Marx, el gran teórico del capitalismo que- aplicando el método científico a la historia- anticipó en sus puntos esenciales la situación actual al vincular las crisis económicas al modo de producción capitalista y ofreció alternativa a este sistema tan injusto como disfuncional. ¡Qué irónicas suenan hoy las palabras de los “amos del mundo” y su