Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ICMugardos

Medrar en galego é posible

Este domingo día 21 de febreiro ás 12:00 horas, co gallo do Día Mundial da Lingua Materna terá lugar unha Mesa - Debate por título "Medrar en galego é posible" no local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega en O Seixo - Mugardos. Acto organizado en colaboración polo BNG Mugardos e por ICMugardos e a Semente de Trasancos, escola de ensino galego. A nosa lingua precisa de ti! Acude e difunde!   Escola de Ensino Galego Semente Trasancos As Escolas de Ensino Galego Semente som umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega. Tomam o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começo do século XX polas Irmandades da Fala, e impulsionadas por Leandro Carré e Ángelo Casal. Nas Escolas de Ensino Galego, todas as atividades serám desenvolvidas na língua do nosso povo, favorecendo a aquisiçom, con...