Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Área de Xuventude

Vídeo e audio da conferencia de Cristina Fallarás e a presentación da revista de Fuco Buxán

Vídeo da presentación da revista e a conferencia de Cristina Fallarás na nosa canle de YouTube: Audio da presentación da revista e a conferencia de Cristina Fallarás na nosa canle de Ivoox, para escoitar on-line ou descargalo no teu dispositivo:

Presentación do nº40 da Revista de Fuco Buxán e conferencia de Cristina Fallarás - Xoves 27 de abril, 19:30h, C. Torrente Ballester

A A. C. FUCO BUXÁN convídate á próxima presentación do Nº40 de FUCO BUXÁN - a revista , que enmárcase dentro da conferencia “Xornalismo, poder mediático e prensa alternativa” impartida por Cristina Fallarás que terá lugar o o vindeiro xoves 27 de abril ás 19.30h no Centro Cultural Torrente Ballester , na Sala de Proxectos . Cristina Fallarás Sánchez (Zaragoza, 1968) é periodista (Universidade Autónoma de Barcelona) e escritora. Na súa traxectoria como periodista destaca a súa faceta como directora de diario16.com así como da edición catalana de El Mundo. Tamén, traballou en Cadena Ser, Radio Nacional de España, El Periódico de Cataluña, Antena 3 TV e Telecinco. Actualmente participa no programa Las Mañanas de Cuatro e podemos ler os seus artigos no diario dixital ctxt.es. Como escritora, cabe destacar a obra ‘Las niñas perdidas’, pola cal foi galardonada co Premio de Novela Negra L'H Confidencial 2011 e Premio Hammett 2012 (Semana Negra de Gijón), convertíndose con est...

ANPAs e Sindicato de Estudiantes convocan manifestación contra a LOMCE: xoves 24 de novembro ás 12:00h

Compartimos con vos a mensaxe da convocatoria que están a facer dende a Federación Comarcal de ANPAs e o Sindicato de Estudantes dunha manifestación contra a LOMCE e as reválidas, e que sairá o xoves 24 de novembro , ás 12:00h da Praza de Amada García -fronte o edificio administrativo da Xunta, zona Praza de España-. O mesmo día, tamén terá lugar unha concentración , no mesmo lugar, ás 19:00h . Dende Fuco Buxán, solidarizámonos con estas mobilización e convidámosvos a participar nela. Estimados compañeiros/as: Desde a Federación comarcal de ANPAS e o Sindicato de Estudantes poñémonos en contacto con vós para facervos partícipes da situación do ensino público e facervos unha petición de solidariedade. Como sabedes, a comunidade educativa levamos cinco anos loitando contra os graves ataques do goberno do PP contra a educación pública, simbolizados na LOMCE e no 3+2 universitario. Eses ataques buscan degradar unha das conquistas históricas máis importantes do mo...

18 novembro, 19:30h, Sargadelos - Mesa redonda "Desmontando a LOMCE"

Temos o pracer de anunciar que a Área de Xuventude de Fuco Buxán organiza o vindeiro venres 18 de novembro , ás 19:30h , na Galería Sargadelos , unha mesa redonda baixo o título "Desmontando a LOMCE - proposta de un modelo educativo baseado na selección, segregación e desigualdade" , na que participarán Javier Sánchez -presidente da Federación Galega de ANPAs-, Jurjo Torres -Catedrático de Universidad de Didáctica y Organización Escolar na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña-, e Francisco Fernandez -portavoz del Sindicato de Estudiantes de Ferrol-. *Imaxe do cartaz por cortesía de Antía DC -Fotografía- Non é unha nova lei o que a sociedade española demanda, senón políticas que melloren a educación, políticas que se pacten coa comunidade escolar, coas distintas forzas sociais e cos partidos políticos. Esta lei: Entende a educación como unha carreira de obstáculos salpicada de probas externas e reválidas que pecharán o paso a persoas...

Comunicado do Sindicato de Estudantes chamando a mobilizarse o 24 de novembro

Compartimos o comunicado que nos chega dende o Sindicato de Estudantes, no que se fai un chamamento a mobilizarse o vindeiro 24 de novembro contra a LOMCE e as reválidas: Carta aberta do Sindicato de Estudantes ÁS NAIS E PAIS, ÁS ANPAS E Á FEDERACIÓN DE ANPAS DE FERROLTERRA Os anos de goberno do PP están sendo un auténtico pesadelo para o ensino público. Recortes nos orzamentos, despedimento de milleiros de profesores, leis reaccionarias (LOMCE) e medidas regresivas. O último exemplo témolo coas reválidas, aprobadas por un decreto do goberno en funcións de Rajoy a finais de xullo; ata nas formas se parecen ó franquismo. Pero estes anos tamén viron unha intensa mobilización da comunidade educativa en defensa dun ensino público de calidade. De feito, esa mobilización conseguiu acabar cun ministro odioso como Wert. A última proba da utilidade da mobilización vímola o 26 de outubro, na folga estudantil en Secundaria e a folga de pais e nais en todos os niveis educativos convoc...

Mércores 26 de outubro - Mobilizacións contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”. Neste sentido, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, presentou o manifesto da plataforma no que se sintetizan as razóns polas que a PGDEP se opón non só á LOMCE senón tamén á imposición das reválidas. A continuación, o calendario de accións previstas para este mércores 26 de outubro : No caso de Ferrol , farase unha concentración fronte o Edificio da Xunta (Pza Amada García) ás 19:00h . Esta plataforma tamén está a facer unha recollida online de sinaturas esixindo a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE. Para participar, basta con seguir esta ligazón: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2016/1...

Convocatoria concentracións contra as “revalidas” da LOMCE - 10/05/2016

Divulgamos o seguinte comunicado que nos fan chegar dende FEANPAS,  a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra: O vindeiro mércores día 11 os centros educativos galegos de primaria comezarán as probas de reválida de fin de ciclo impostas pola a “moribunda” LOMCE.  A pesares do amplo rexeitamento destas probas, manifestado por todos os sectores da comunidade educativa galega, a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galiza IMPÓN aos centros educativos a súa realización, coa clara intención de implantar a LOMCE seguindo a folla de ruta establecida dende Madrid por un Goberno en funcións. Por todas as razóns amplamente expostas durante estas semanas e xa coñecidas por todas/os, na Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS , consideramos que a realización das reválidas so traerá prexuízos as nosas fillas e fillos.  Por iso, imos amosar publicamente o total rexeitamento da comunida...

"Mulleres que escriben, mulleres de cine" na Casa do Patín

A Biblioteca Casa do Patín convídanos aos "3º Encontros na Terceira Planta – Patín de Cine e Lectura" que nesta ocasión levan por título: "Mulleres que escriben, mulleres de cine" . Fixeron unha selección de películas máis ou menos biográficas relacionadas con estas mulleres escritoras que no seu tempo foron rompedoras co tempo que lles tocou vivir. O Martes 26, ás 18:00 h , falarán da vida e obras das seguintes autoras e das películas inspiradas nas súas vidas: Jane Austen (película "La joven Jane Austen") Virginia Woolf (película "Las horas") Concepción Arenal (película "La visitadora de cárceles) O Mércores 27, ás 18:00 h , será o turno de : Beatrix Potter (película "Miss Potter") Karen Blixen ou Isak Dinesen (película "Memorias de África") Clara Campoamor (película "Clara Campoamor, la mujer olvidada") A actividade terá lugar na sala de estudo da terceira planta da Casa do Patín. A asiste...

Vídeos das IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

Para todas aquelas persoas que non puideron asistir ás IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia , que tiveron lugar o pasado venres 15 de abril no Ateneo Ferrolán , esta asociación acaba de publicar na súa web os vídeos das intervencións dos conferenciantes na seguinte ligazón: http://www.agamme.org/?p=1121

14 de abril: manifestación do Sindicato de Estudantes

Os vindeiros 13 e 14 de abril hai convocada unha folga de estudantes a nivel estatal para protestar por un ensino público digno e de calidade, e contra a LOMCE e o 3+2 en ensinanzas universitarias. Por este motivo, o Sindicato de Estudantes convoca para o próximo xoves 14 de abril unha manifestación en Ferrol que partirá da Praza de Amada García (fronte o edificio da Xunta) ás 12:00h . Podedes atopar máis información nas imaxes axuntas. Rógase a súa difusión.

I Xornadas innovación educativa Ferrolterra. "Outra educación é posible" - Venres 1 de Abril de 2016 no Ateneo Ferrolán

I Xornadas innovación educativa Ferrolterra "Outra educación é posible" En Ferrol, no Ateneo Ferrolán ( Rúa Madalena 202-204 ), desde as 19:00horas. Organizado pola Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol. Os seis proxectos participantes desta xornada, amosan que pódese combatir con creatividade, audacia, imaxinación, ilusión e pedagoxía unha lei educativa tan retrógrada, clasista e que fundaméntase na memorización como é a LOMCE. Desde a Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol consideramos que é moi importante que a cidadanía coñeza proxectos innovadores que se están a realizar na comarca. Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/100711546993799/ Esquerda Unida de Ferrol R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda 981944035 www.euferrol.org https://www.facebook.com/ esquerdaunida.ferrol https://twitter.com/EUFerrol http://www.esquerdaunida.org/ ferrol.html Fonte: http://artabra21.blogspot.com.es/2016/03/i-xornadas-innovacion-educativa.html

Charla Debate // Análise Crítico - Cómico

A Área de Xuventude da nosa Asociación Cultural Fuco Buxán quere convidar a toda a cidadanía a unha Charla Debate, onde se realizará un análise Crítico - Cómico dos movemntos sociopolíticos. O Acto celebrarase o sábado 17 de outubro ás 18:00 horas, con proxección incluída, no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol .  De balde, por suposto.  Acudide! Pasaremos un bo rato!

O Ensino e a Xuventude

A A.C Fuco Buxán amosa o seu total apoio ao Ensino Público Galego e á Universidade Pública Galega ante os salvaxes recortes, agresións e ataques levados a cabo polo Conselleiro de Ensino Xesus Vázquez e polo goberno de Feijoo e do PP da Xunta de Galicia. Denunciamos que o goberno de Feijoo e do PP desde a súa chegada ao goberno da Xunta de Galicia no ano 2009 recortou uns 86 millons de euros á financiación das Universidades Públicas Galegas e como denuncian os seus reitores o goberno de Feijoo está levando a cabo un ataque sistemático contra as Universidades Públicas Galegas asfixiándoas economicamente e levándoas a unha situación de emerxencia social e de total abandono por parte das Administracións Públicas. Cremos que estes salvaxes recortes son profundamente ideoloxicos, clasistas e neoliberais, pois rachan a igualdade de oportunidades, converten as Universidades nun coto privado so accesíbel aos ricos, mercantilizan o Ensino, expulsan das Universidades Publicas ao alumnado con m...