Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Perigo

Nota do Comité Cidadán de Emerxencia

Contencioso contra a Xunta de Galicia pola modificación, do PXOM de Mugardos. O pasado dia 25, o CCE presentou diante do TSXG o recurso contencioso elaborado polos servizos xurídicos, contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia de 13 de Xuño, pola que se aprobou definitivamente a Modificación. Puntual do PXOM do Concello de Mugardos para a “ Adecuación dos usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro”. Recorreuse en base aos seguintes aspectos: PRIMEIRO.- SOBRE A NULIDADE DE PLENO DEREITO DA ORDE DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS DA XUNTA DE GALICIA DE DATA 13 DE XUÑO, POR TER COMO ÚNICO OBXECTO ELUDIR OS EFECTOS DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE 11 DE MAIO DE 2012. SEGUNDO.- SOBRE O CARÁCTER DE INSUBSANABLE DOS DEFECTOS QUE LEVARON AO TSJ DE GALICIA E AO TRIBUNAL SUPREMO A DECLARAR NULA A MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº. 3 DA PXOM DE 2002. TERCEIRO.- SOBRE A NULIDADE DE PLENO...

Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL

Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL, nº 134 “LNG Abuja” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca: CONCENTRACIÓN M ércores, 23 de xaneiro ás 19 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol Características do buque: Nome.- LNG Abuja, Ano Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 286 m, Manga.- 43.7 m, Puntal.- 43.74 m, Calado.-11.53 m, Capacidade.- 126.530 m³ de GNL . Máis información: http://cociudem.wordpress.com/