NOTA DE PRENSA AVISO URXENTE: STOP-DESAFIUZAMENTOS NON ESTÁ PEDINDO DIÑEIRO POLAS CASAS : Chegou-nos un aviso que desde hai uns días, hai persoas que van pedindo diñeiro polas casas no nome de Stop-Desafiuzamentos. Mesmo onte na zona de Canido e Xoane pedían cartos para "evitar" un desafiuzamento na Magdalena, dicían que xuntaran 4.000 e que necesitaban 1.000 máis. Desde Stop-Desafiuzamentos queremos facer público, para xeral coñecemento que en ningún momento Stop-Desafiuzamentos está pedindo diñeiro, nin polas casas, nin pola rúa . Dicer que toda a actividade que desenvolvemos é con traballo voluntario non remunerado. E que se algunha vez necesitamos diñeiro para desenvolver algunha actividade, son as entidades sociais, culturais, veciñais, ... que participan no Encontro Social de Ferrol Terra as que contribúen economicamente. Dicir que en ningún caso, é función de Stop-Dasafiuzamentos recadar diñeiro para pagar-lle aos bancos. Dicir que en próximos ...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."