Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Conmemoracións

Prantación dun retoño da Árbore de Gernika

Onte, 17 de Marzo, en Narón, diante do Pazo da Cultura, celebrouse a prantación dun retoño da Árbore de Gernika, en lembranza das vítimas do bombardeo daquela cidade, agora que está próximo o 80º aniversario. Este roble, será un símbolo permanente de fraternidade co pobo vasco, un símbolo de paz, democracia e liberdade contra a barbarie e a intolerancia. No acto, promovido polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, transcurreu coas intervencións da Presidenta de las Juntas Generales de Bizkaia, Ana Otadui, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco e Enrique Barrera, en representación de Memoria Histórica Democrática. Participaron tamén o grupo de baile Alxibeira e Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Viva a Árbore de Gernika! Gora Gernikako Arbola! Viva el Árbol de Gernika! Álbum 1   https://goo.gl/photos/MHMFAPetKpoWkmA57 Álbum 2 https://goo.gl/photos/wufsYBAFKXGqxtHE9 Álbum 3 https://goo.gl/pho...

Eventos programados para conmemorar o "Centenario da Escola Obreira"

  A partir do vindeiro 16 de setembro vanse celebrar os eventos programados para conmemorar o Centenario da Escola Obreira . Con motivo de este evento, Navantia publicou un libro de autoría coral sobre aspectos diversos da historia da escola. Aqueles traballadores interesados ​​en obtelo, poden recoller o seu exemplar gratuíto na exposición da Escola Obreira (Sala Carlos III de Exponav) en horario de 17:00 a 20:00 horas. Os membros da Comisión do Centenario queremos recoñecer as achegas das persoas que votaron unha man para que todas as iniciativas resultaran posibles. Convidamos a todos os traballadores a participar desta celebración nas iniciativas expostas de forma moi especial a todos aqueles que foron alumnos da Escola Obreira .