Dende a Casa-Museo Manuel María recibimos esta invitación para asistir ao 3º Convívio da Cultura Galega , que terá lugar o vindeiro sábado 9 de xullo na Carballeira de Santa Isabel , en Outeiro de Rei : Prezadas amigas, Prezados amigos, A xa terceira edición do Convivio da Cultura Galega chega nun ano cheo de significado: a dedicación das Letras Galegas de 2016 a Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei e da Terra Chá. O lugar escollido, a Carballeira de Santa Isabel, a moi poucos metros da casa onde naceu, é un dos espazos que o escritor máis amou e cos que máis se identificou. Será o sábado 9 de xullo a partir das 11 da mañá . O Convivio da Cultura Galega é, como saberedes, unha iniciativa impulsada desde a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Musical e Cultural Solfa de Compostela. Naceu, unha vez inaugurada hai case 3 anos a Casa-Museo Manuel María, como unha xornada festiva e de encontro aberta a todo o tecid...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."