Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Estudiantes

Manifesto en apoio á folga estudantil do 14N | #14NHuelgaEstudiantil

A asociación cultural Fuco Buxán apoia a vindeira folga estudiantil do 14 de novembro con un marcado carácter feminista. O sistema educativo é un pilar fundamental para mudar os prexuízos e os estereotipos de xénero.  Se facemos un breve repaso histórico apreciaremos como a escola foi obxecto das institucións políticamente dominantes, é dicir, con poder, as cales servíronse dela para crear unhas tipoloxías de individuos según as necesidades do sistema. Nun primeiro momento, co nacemento dos Estados-nación buscouse formar individuos nacionalista cun alto sentimento patriótico. En segundo lugar, coa industrialización, a escola convírtese no mecanismo para adoctrinar obreiros individualistas e competitivos. En terceiro lugar, encontrámonos co franquismo e os seus ideais conservadores según os cales establécese unha educación segregada por sexos. En cuarto lugar, tras a transición democrática, a educación básease en formar cidadanos e cidadanas. E, en último lugar, o que nos corr...

14 de abril: manifestación do Sindicato de Estudantes

Os vindeiros 13 e 14 de abril hai convocada unha folga de estudantes a nivel estatal para protestar por un ensino público digno e de calidade, e contra a LOMCE e o 3+2 en ensinanzas universitarias. Por este motivo, o Sindicato de Estudantes convoca para o próximo xoves 14 de abril unha manifestación en Ferrol que partirá da Praza de Amada García (fronte o edificio da Xunta) ás 12:00h . Podedes atopar máis información nas imaxes axuntas. Rógase a súa difusión.

Folga contra a LOMCE.

A Asociación Cultural Fuco Buxán e a súa Área de Ensino, súmanse a Semana de Loita en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, fronte aos recortes, os taxazos, e as reformas do Goberno do Partido Popular. Apoiamos a Folga Xeral e convidamos a toda a cidadanía a participar nas Manifestacións convocadas: Mércores, 23 de Outubro. Manifestacións estudiantís. Ás 12 horas. Fronte ao Edificio da Xunta. Praza de España. Xoves, 24 de Outubro. Manifestación de estudantes, profesores, pais e nais. Ás 11,30 horas. Partindo da Praza de España. Todos/as ás Manifestacións ! A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañ...