Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Carmelo Teixeiro

Comité Cidadán de Emerxencia - Álbum fotográfico: homenaxe a Victoria e Carmelo

Compartimos esta publicación do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a homenaxe a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro do pasado sábado: ÁLBUM FOTOGRÁFICO Hoxe, sábado 11 de febreiro, un grupo de seguidores do Comité Cidadán de Emerxencia, celebrou en Caranza, un acto en lembranza a Victoria Fernández Paredes e a Carmelo Teixeiro Menéndez, quen fora primeiro Coordinador deste Comité, (falecidos en 2013 e 2008, respectivamente), ambos, exemplo de compromiso e solidariedade con todas as causas sociais e uns dos pioneiros na loita en defensa da legalidade, da ría e da vida, fronte á ameaza da Pranta de Gas de REGANOSA. Iniciouse o Acto, cunha ofrenda floral, na placa existente entre os tres carballos prantados no parque que leva o nome de Carmelo, en Caranza, e continuou coas intervencións de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, e Lupe Ces, membro do CCE, a lectura dun poema de José Torregrosa e pechouse coas notas do violín de Estrela Gómez Viñas. -- Visita a nosa w...

Comité Cidadán de Emerxencia - Homenaxe a Victoria e Carmelo o sábado 11 de febreiro, ás 12h

Como tódolos anos, nas proximidades do 9 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia organiza un homenaxe lembrando a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro. Este ano terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro . Compartimos a invitación que fan dende o Comité, e convidamosvos a participar nel para que a súa memoria perdure. O vindeiro domingo cúmprese o IX Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o sábado, 11 de Febreiro , ás 12 hs , no Parque Carmelo Teixeiro Caranza – Ferrol. Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a...

VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, e II da súa compañeira Victoria Fernández Paredes

O sábado 6 de febreiro , o Comité Cidadán de Emerxencia celebrará o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité e o segundo da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). Con este motivo, convídase a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza, que consistirá, como xa é costume, nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, e terá lugar, ás 12 hs, no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol. Agradeceremos así a Victoria e Carmelo o seu exemplo exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais, a súa militancia sindical, política e social de toda unha vida e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Homenaxe a Carmelo Teixeiro e a Victoria Fernández

O vindeiro xoves cúmprese o VII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o sábado, 7 de Febreiro, ás 12 hs,  no Parque Carmelo Teixeiro´Caranza – Ferrol. Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais. Ben coñecida é a súa militancia política, sindical e social de sempre, e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa. https://www.youtube.com/watch?v=tvgqQFwTGds

Homenaxe a Carmelo Teixeiro

Hoxe martes, cúmplese o 5º aniversario do falecemento do noso benquerido compañeiro Carmelo Teixeiro , primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Con este motivo, o Comité convida a toda a cidadanía a participar na ofrenda floral que se celebrará na súa lembranza o vindeiro:   Sábado 9 de febreiro, ás 12 horas Parque Carmelo Teixeiro – Caranza Ahomenaxe de 2008 na nosa web Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995