Presentación do libro "Amada García Rodríguez e os seus arredores", de Bernardo Maiz - xoves 26 de xaneiro, 19:30h
Compartimos a invitación que nos envía o Ateneo Ferrolán para asistir á presentación do libro "Amada García e os seus arredores" O vindeiro xoves, día 26 , ás 19:30 no Ateneo , terá lugar a presentación deste libro de Bernardo Maiz que sen dúbida supoñerá unha achega máis ao coñecemento da nosa intrahistoria. Será un pracer contar coa túa asistencia. "Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. Bernardo Maiz Vázquez (1950) , catedrático xubilado, ...