Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sociedade

Artigo 15M da A.C. Fuco Buxán

O próximo día 15 cúmprense seis anos do 15 M, aquel día onde unha boa parte da cidadanía decidira mobilizarse contra a política de austeridade que levaba, e segue a levar, cara á perda e aos recorte de dereitos sociais e económicos, fora un movemento que ocupou pacificamente as prazas públicas das cidades. A acampada na porta do Sol convertérase no centro de referencia de protestas e reivindicacións. Non foran os partidos políticos, nin os sindicatos, quen tomou a iniciativa foi unha parte da sociedade que con gran participación de mozas e mozos decidiu rebelarse fronte ao modelo político e económico. En España, a crise ten unha característica propia, un crecemento económico baseado na construción, e se crea unha burbulla inmobiliaria. Todo o solo é urbanizable, como dicía o autor da milagre económica, o ministro Rodrigo Rato. Bancos e Caixas incentivaron a concesión de créditos hipotecarios. Como consecuencia da creba do sistema bancario, daquela o Estado inxectou diñeiro en Banc...

Este venres 28 de Decembro, Manifestación Stop Desafiuzamentos

A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro , ás 7 da Tarde , con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto , logo pasara-se a micro-aberto. Mobilizaremo-nos para : Demandar: A paralización dos desafiuzamentos O recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social A creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda Denunciar o fraude hipotecario e Reclamar o dereito a unha vivenda digna. Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza. E a nivel local : Por un parque público ...

O maltrato ao Ateneo por parte do Concello de Ferrol

O Ateneo Ferrolán ven de recibir o día 11, unha comunicación de Patrimonio do Concello de Ferrol na que se nos comunica a resolución que adopta: A modificación do convenio que corresponde ao Ateneo Ferrolán sobre a cesión de uso do inmoble da rúa Magdalena 202-204 dende hai 30 anos, No ano 2008 e por unanimidade ten a condición de cesión en precario. O Concello alude que a súa pretensión é reducir o gasto público nos alugueres das entidades AVV Centro e a SAF. É necesaria a reordenación de espazos co fin de reducir o gasto municipal. Dende o Ateneo Ferrolán seguimos reclamando o uso da nosa sede na súa totalidade, como ate agora (as obras de rehabilitación acometéronse polas inundacións e pola falta de espazo para o noso patrimonio, que é de todos), reclamamos se nos entreguen as chaves, que nós mesmos facilitamos á constructora para o comezo das obras, e así mesmo, a devolución do patrimonio almacenado en 6 containers dende hai máis de 2 anos obrigados para facilitar as ...

Tasas e procedementos para cobrar a Inmigrantes en Sanidade.

Nesta entrada queremos informarvos das incribles taxas e procedementos para cobrar aos inmigrantes ilegais polos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde. Uns documentos que demostran o clasismo instaurado na sociedade política e o desprezo ás necesidades que poidan pasar persoas necesitadas con graves problemas económicos. Ollo, a partires de agora, calquera persoa que non teña modo de pagar estas taxas poderá aparecer xa cadáver nas rúas. Ollo, agora ben o frío. Onde está o estado de benestar, ¿quen o levou? Tan so uns poucos son os agraciados de desfruta-lo. DECRETO CONSELLERÍA DE SANIDADE DECRETO 221/2012, do 31 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121121/AnuncioC3K1-091112-0002_gl.pdf ORDE CONSELLERÍA DE SANIDADE ORDE do 16 de novembro de 2012 pola que se establece o procedeme...

"Poñámoslle cara á Violencia que non se quere ver."

O vindeiro día 25 de novembro celebrarase o Día Internacional Contra a Violencia Machista polo que a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha xuntanza ás 12:00 Horas na Praza de Galicia en Narón . "Poñámoslle cara á violencia  que non se quere ver" Todos e todas debemos poñerlle freo á violencia machista que empobrece a nosa sociedade. Os malos tratos non son un asunto privado, é un problema social que se combate coa TOLERANCIA CERO ante calquera comportamento machista. Para máis información: h ttp://feminismo.info  

Proxección da documental “Memoria do saqueo”

A A.C. Fuco Buxán organiza na vindeira semana, o Venres 9 de novembro , no seu Local Social , Rúa Armada Española, 32 Caranza,  ás 20 hs . Unha proxección da documental  "Memoria do Saqueo" , cinta de Pino Solanas en 2004, sobre a situación en Arxentina desde a ditadura militar de 1976 até o estalido da revolta en decembro de 2001.  25 anos de terribles problemas económicos e sociais, causados pola exorbitante débeda nacional, a desenfreada corrupción no poder político e financeiro e o espolio dos bens públicos, coa compracencia de numerosas multinacionais e a complicidade dos organismos públicos internacionais. Explica os mecanismos que levaron a esta catástrofe pondo de manifesto a dignidade e a coraxe de millóns de arxentinos que loitan por non sumirse na pobreza. Fernando E. Solanas dirixe esta película na que expón a certeza de que "outro mundo é posible" ante a globalización. “Segue o saqueo”. Pino Solanas dixo que nada cambiou desde que e...

Mesa-Debate: Muller e sociedade en crise

Foi organizado polo Grupo de Mulleres de Fuco Buxán, “Encontros para o diálogo”, celebrouse o xoves 4 de Outubro, no Local de Fuco Buxán, na rúa Armada Española, 32 baixo Caranza - Ferrol  As relatoras foron: Mª Xesús Boo, Yolanda Diaz, Susana Martinez, Beatriz Sestayo. E moderaron: Lucia Vizoso e Mª Victoria Fernández , directivas da Asociación.  Mª Xesús Boo Feijóo , é docente, militante de movementos ecopacifistas, de Espazo Ecosocialista Galego e candidata por Ourense ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.  Yolanda Díaz Pérez , é avogada, portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol, Coordinadora da súa formación en Galicia e candidata por A Coruña ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.  Susana Martínez Gadós , é avogada, e 2ª Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol, polo Grupo do Partido Popular. Beatriz Sestayo Doce, é avogada, Secretaria Xeral da Agrupació...