Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Goberno

Sobre a rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia do pasado venres 5 de agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de publicar dous artigos sobre a rolda de prensa que convocaran o pasado venres 5 de agosto no Ateneo Ferrolán, e que contou con numeroso respaldo político, aparte do respaldo cidadán. No artigo "A Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE" , realizan unha pequena sinopse sobre o contido da rolda de prensa, na que, aparte de expresar o seu contento polas xa catro sentencias favorables á súa causa emitidas polo Tribunal Supremo, mencionaron que a exención que realizaba o Consello de Ministros sobre Reganosa de realizar avaliación de impacto medioambiental salpicaba tanto ao goberno autonómico como ao estatal -en funcións- dentro da trama corrupta para beneficiar os intereses privados tras a planta de gas. O artigo "Videos da Rolda de Prensa de onte do CCE" contén -tal e como indica o título- sendos vídeos sobre a citada rolda de prensa, dos que recomendamos o visionado. Planta de gas, PECHE XA!

Galicia ten que pagar infraestructuras Gasistas mais caras que o almacen submarino de Castor.

O Goberno do PP ven de aprobar por decreto (03-10-2104) unha indemnización de 1.350 millóns de euros, á empresa adxudicataria do proxecto Castor ”almacén submarino de Gas” participada por ACS de Florentino Pérez . Esta indemnización que pagaremos a cidadanía a través dos recibos do gas, ven a formar parte do chamado déficit enerxético. O almacén estaba pechado desde setembro de 2013. O Goberno veuse na obriga de paralizar a inxección de gas tralas mobilizacións veciñais despois dos máis de 500 terremotos que se produciron. O Síndic de Greuges de Catalunya (Valedor do Pobo), anunciou que promovería as accións oportunas para impedir que a cidadanía paguemos esa factura. Tamén se pronunciou nese sentido a Generalitat de Catalunya. IU anunciou que solicitará unha investigación á Comisión Europea. Non hai quen asuma as responsabilidades políticas de quen permitiu semellante barbaridade e o seu mantemento durante anos. Ademáis, a execución da obra “triplicou” o orzamento inicial. Todo d...

Comunicado Sindicato de Estudantes

Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento ós traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro Wert. A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para que os estudantes fillos de trabalaldores podamos acceder a unha educación de calidade. Pero o ataque ó ensino público non é algo illado do resto de ataques que o PP está levando a cabo. A LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados pola loita do movemento obreiro durante décadas. En dous anos de goberno, o PP atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, suebu impostos..., e todo cun único obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non hai cartos para...

Semana de Acción Global contra a Débeda en España

Do 8 ao 15 de outubro celébrase a Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais que reivindica a xustiza económica e social ante a ditadura da débeda e a austeridade. Activistas de todo o Estado español avanzan no proceso de Auditoría Ciudadana da Débeda e mostran o seu rexeitamento a deudocracia e o austericidio. A Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda -PACD- únese á mobilización internacional da Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais, do 8 ao 15 de Outubro, para denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade. Presentásense ademais os primeiros froitos do proceso de Auditoría Ciudadana a través de diversas publicacións e actos públicos. Levaranse a cabo numerosas actividades en varios puntos do territorio español para denunciar a ilexitimidade da débeda e os recortes. A semana ten como obxectivo denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade. Presentásen...