Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Armeria

Convocatoria da Asemblea Extraordinaria de Arméria Soc. Coop. Galega, para o Venres 16 de Decembro, de 2016

Convidámosvos a participar na Asemblea Extraordinaria de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, e que terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro. Compartimos a continuación o texto da convocatoria Día: Venres 16 de Decembro de 2016. Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última. Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204 Baixo - Ferrol).   O Consello Reitor na súa última xuntanza celebrada o martes 22 de Novembro ás 19:00hs no local da Asociación Veciñal “O Rosario”, do Inferniño, estando presentes Manuel F. Rivera Iglesias (Presidente), Xoán Carlos Berrocal Regueira (Vogal), Estefanía Doce Fernández (Vogal), Lucía Vizoso Amado (Vogal), Segundo Ruíz Lemos (Vogal), José María Hernández Roca (Vogal), Manuel A. Rodríguez Carballeira (Vogal), Lupe Ces Rioboo (Vogal) e Inácio Martínez Orero (Secretario), despois de deliberar sobre a situación na que se atopa a Cooperativa, sen actividade económica, sen apenas actividade interna, ...

Festa na tenda Troco en Ferrol, o sábado 11 de Maio a partires das 12:00 Horas.

Co motivo do cambio de tempada na tenda queremos convidarvos a una festa este sábado 11 de Maio a partir das 12h así que ide alixerando os armarios chegou o tempo da manga curta e dos tirantes Ademais faremos "De Troco un pouco" isto quere decir que trocaremos roupa na tenda como vimos facendo ate agora e no espacio exterior poderemos trocar entre nós outros obxetos (libros, xoguetes, discos, material deportivo, ferramenta...) tamen propoñemos aproveitar esta ocasión para trocar sementes xa que estamos no tempo de plantar. Como noutras ocasions cada un pode levar algo para picar e sería estupendo que viñese acompañado da receta así tamen as trocamos,alí haberá bebidas a prezos moi económicos. Animádevos a pasar una boa xornada facendo "De Troco un pouco"!. Tamén informamos que o venres 10 de Maio a tenda non abrirá en horario de tarde (de 17h. a 20h.) porque o grupo de traballo estaremos facendo o cambio de roupa e preparando a festa se alguen se anima a...

Inaugurada a Tenda de Troco en Ferrol, Cooperativa Armeria.

  Inauguración Tenda de Troco Situada na traseira do Mercado de Caranza, é unha iniciativa de ARMERIA, Sde. Cooperativa, como servizo público e para que a xente a use e goce facendo trocos, que o vexa sinxelo e cómodo, mais, o principal obxectivo da tenda é crear conciencia, outra maneira de ver a economía.  Máis información sobre a tenda nesta ligazón: http://tendadetroco.blogspot.com.es/ Lembra que ali mesmo pódense entregar para o BANCO DE ALIMENTOS artigos de alimentación (non perecedoiros ) e de hixiene. Moitas persoas en situación difícil agardan a colaboración de todos e de todas. En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algú...