Co citado título, o vindeiro sábado 23 de abril, a recentemente constituída Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca unha mobilización en Santiago de Compostela, que sairá ás 13:00h da Praza Roxa.
Este mércores 20 de abril, ás 10:30h tivo lugar unha rolda de prensa na que se presentou o manifesto que serve de base a esta mobilización, e entre cuxos asinantes está a Asociación Cultural Fuco Buxán, tamén adherida a esta Rede. Nela compareceron o coordinador do Foro Galego de Inmigración e a Coordinadora Galega de ONGDs, Miguel Fernández; o secretario de Comunicación de Médicos del Mundo en Galicia, Brais Barcia; e a responsable de Comunicación de Ecos do Sur, Natalia Monje. Na mesma fíxose lectura do manifesto e das demandas dos distintos colectivos para que se respeten os acordos internacionais en materia de dereitos humáns, e o fin das guerras como única vía para poñer fin á crise migratoria do Mediterraneo. As seguintes noticias dan conta pormenorizada dela:
Nos destacaremos os seguintes puntos:
Para rematar, precisamos que todo o mundo se implique na difusión polas redes sociais baixo o hastag, #RachemosCoasFronteiras desta información.

- Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Nota de prensa
- Europapress: Crean la red galega de apoyo a los refugiados - Santiago acoge el sábado una manifestación contra los "abusos"
- La Opinión A Coruña: 45 asociaciones crean la red gallega de apoyo a refugiados
- XornalGalicia.com: Créase a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
- RTVE: Telexornal Galicia 20/04/2016 - minuto 11:08
- CRTVG - 45 colectivos crean a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas
Nos destacaremos os seguintes puntos:
- Denúnciase que dende a posta en funcionamento do acordo UE-Turquía, os que eran campos de refuxiados se convertiron en campos de detención
- O procedemento de devolucións está a ser caótico: houbo xente co asilo concedido que foi devolta
- A crise migratoria non rematará se non se elimina a orixe do problema: a guerra
- O obxectivo da plataforma é a loita por defender os dereitos das persoas, e evitar que a caridade se constitúa como solución
- Os delictos de odio ós extranxeiros aumentaron un 6% en España no ano pasado
Podedes atopar máis información na páxina web da plataforma, e informamos que segue aberto o prazo para adherirse ó manifesto. Para facelo, basta con enviar un email a rederefuxiadasgal@gmail.com
Para rematar, precisamos que todo o mundo se implique na difusión polas redes sociais baixo o hastag, #RachemosCoasFronteiras desta información.