Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2013

Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN ante a entrada do gaseiro Nº 159 na ría de Ferrol.

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, Nº 159 "Bilbao Knutsen" o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca: CONCENTRACIÓN , para o vindeiro martes día 17 de decembro, ás 19 horas, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na praza Amada García en Ferrol.   Características do buque: Nome.- Bilbao Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.53 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.30 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL. PLANTA DE GAS: PECHE XÁ! Visita a nosa web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular:  Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Presentación do Nº 35 da Revista “Razón Socialista” en O Seixo (Mugardos).

 A Asociación Cultural Fuco Buxán, convida a asistir á presentación do nº 35 da súa Revista semestral “Razón Socialista” este Martes, 17 de decembro de 2013, ás 20 horas, na Cafetería do local social da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega , na avenida Bello Piñeiro en O Seixo. Intervirán: Rafael Pillado Lista ,  Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán. José Torregrosa Rodríguez ,  Director da Revista,  directivo da A.C. Fuco Buxán . Xurxo Gago Chao , Secretario da A.C. Fuco Buxán , bibliotecario da S .A.P.G.  Entrada de balde.

Rolda de Prensa Informativa do Foro Galego de Inmigración.

O Foro Galego de Inmigración CONVOCA O ACTO CENTRAL DO DÍA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS, QUE SE CELEBRARÁ EN FERROL, O MARTES DÍA 17 DE DECEMBRO. As actividades previstas son: Martes 17 de Decembro: -ROLDA DE PRENSA INFORMATIVA ÁS 11: 30 H DIANTE DO CONCELLO DE FERROL, PRAZA DE ARMAS S/N para presentar o Manifesto: EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS. -ENTREGA POSTERIOR DO MANIFESTO NO REXISTRO MUNICIPAL DE FERROL dirixido ao Alcade da cidade, na súa calidade de rexedor municipal e de Presidente da Federación Galega de Municipios. Mércores 18 de Decembro: -Actuación Complementaria do Acto do Día das Migracións, que consistirá na presentación o mércores día 18 de decembro por rexistro municipal do Texto do Manifesto, En defensa dos Servizos Sociais Públicos, noutras ciudades e vilas de Galicia como Santiago, A Coruña ou Boiro. O Manifesto reclama a esixencia da garantía dos dereitos básicos por parte das distintas administracións e a execución de medidas urxentes par

Mércores 18, ás 19:00 horas no 93.9 FM da Ràdio FilispiM, O Recuncho Nº 168.

Mércores, 18 de Decembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:   http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” Nº 168 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán , cos seguintes contidos: Invitado:   Juan Carlos Valle “Karlotti”  para falar da súa viaxe a China e da presentación – o vindeiro xoves –  do libro “Karlotti :  Un poema crónico” de Marcos Lorenzo. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa: ”Sen cartucho de Nadal ” Na “Sección Poética”   de Lorena Calaza: Poemas das Migracións Os libros  de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música :  Inmigrantes e Emigrantes. Todos os programas en:   http://recunchofuco.blogspot.com E-mail: fucobuxan@gmail.com  teléfono directo: 981371040

Folga da Sanidade. Fotos da Manifestación.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización para defender os dereitos de todas as persoas a ter unha atención médica gratuita e de calidade. Álbum fotográfico Parabéns a todo o persoal sanitario galego por levar a cabo onte e antonte unha folga exemplar na defensa dos dereitos de todas e todos e dunha Sanidade Pública, universal, de calidade e gratuita. Entre todos e todas temos que parar esta onda de privatizacións e recortes á que os Gobernos Estatal e Autonómico do PP pretenden levarnos.

Ferrol Solucións ! Fotos da Manifestación Navantia.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización de hoxe en Ferrol, se solidariza cos traballadores/as do naval pechados no Concello, e convida a toda a cidadanía a amosar o seu apoio asistindo á Asemblea Popular que teñen convocada para o martes as 11 hs, na Praza de Armas. Hoxe 1º de decembro en Ferrol, unha vez máis, decenas de miles de persoas encheron as rúas convocadas pola Plataforma Nunca Máis e os Comités de Empresa de Navantia e Compañías Auxiliares, esixindo carga de traballo para o naval e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Partido Popular. Parlamentarios/as e deputados/as do PSOE, AGE e BNG, Alcaldes e Concelleiros/as, acompañaron esta protesta facendo declaracións aos distintos medios de comunicación sobre a situación dramática que para a comarca de Ferrol - xa cun 32 % de paro e ao bordo do estoupido social - avecíñase tras a entrega do último buque nos próximos días o que supón o despedimento inmediato de preto de 1000 traballadores d

Entrevista al Prof. Vicenç Navarro en Sin Fronteras-Radio FilispiM.

O pasado Mércores, o programa SIN FRONTERAS de Rádio FilispiM, emitíu unha interesante entrevista ao Profesor Vicenç Navarro sobre diversos temas de actualidade. Desde Fuco Buxán felicitamos aos compañeiros/as de SIN FRONTERAS por esta entrevista e polos 100 programas emitidos, sempre de enorme interese para a Inmigración, para os Dereitos Humanos, para Ferrolterra e para o Mundo. Entrevista realizada por el Programa Sin Fronteras de Radio FilispiM 93.9FM: http://www.ivoox.com/entrevista-al-prof-vicenc-navarro-sin-fronteras-radio_rf_2598355_1.html Vicenç Navarro ha sido Catedrático de Economía Aplicada en la Universidad de Barcelona. Actualmente es Catedrático de Ciencias Políticas y Sociales, Universidad Pompeu Fabra (Barcelona, España). Es también profesor de Políticas Públicas en The Johns Hopkins University (Baltimore, EEUU) donde ha impartido docencia durante 35 años. Dirige el Programa en Políticas Públicas y Sociales patrocinado conjuntamente por la Universida

Presentación do libro "Pescanova Crimen Perfecto. Outra estafa piramidal"

O xoves día 12 ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán presentación do libro: "Pescanova Crimen Perfecto.  Outra estafa piramidal" Coloquio a cargo do autor Valentín Carrera e Yolanda Díaz . Entrada de balde.   Un lugar de encontro para a cultura. Ateneo Ferrolán, fundado en 1879. www.ateneoferrolan.org e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña) BLOG: http://ateneo-ferrolan. blogspot.com/ Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/ Ateneo-Ferrolan/ 134569549934117 Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan Faite soci@! Colabora con nos! Para axudas e aportacións económicas: C.c. en Banco Pastor. Titular Ateneo Ferrolán: 0072.8107.08.0600132878

Esquerda Unida denuncia o informe do Parlamento Europeo sobre a Ría.

O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a operación de ocultación e enmascaramento da realidade por parte do Partido Popular europeo, e de manipulación por parte do seu deputado Phillippe Boulland, ao servizo dos intereses dos donos de Reganosa e das políticas de engorde do capital que sostén ás empresas do sector enerxético, no informe da comisión europea sobre o estado das rías galegas en xeral e da nosa en particular. O informe final foi emendado por Esquerda Unida despois dunha esperpéntica historia de continuos borradores e versións provisionais que só se explican polo interese do Partido Popular (galego, español e europeo) de impedir que o que viron e ouviron os membros da delegación na nosa e en todas as demais rías visitadas saíra á luz nas observacións preliminares e nas conclusións finais do informe. A primeira e antiga, e polo mesmo moi venerable, acepción de “verdade” era en grego arcaico “aletheia” e, alí mesmo, significaba no seu uso común, non marcado,

O fracaso medioambiental e enerxético de SOGAMA sustentase nunha grande estafa económica.

O fracaso medioambiental e enerxético de SOGAMA sustentase nunha grande estafa económica ESPAZO aposta por un novo modelo sustentable diante do fracaso de SOGAMA. O anuncio da suba nun 35,5% do canon que paga cada Concello adherido ao Plan SOGAMA e o posterior pacto entre a Xunta e a FEGAMP para atrasar seis meses esa suba desmonta algúns mitos que cumpre precisar. O primeiro é o mito de SOGAMA como opción con mellor relación custo/beneficio para tratar os residuos sólidos urbanos. SOGAMA sempre se vendeu como o mellor compromiso entre o custo económico e o “beneficio ambiental”. Unha mentira, reiteradamente denunciada polos colectivos ecoloxistas deste país, que agora queda exposta ante o conxunto da cidadanía. Para Espazo Ecosocialista o canon inicial de SOGAMA foi sempre un prezo “político” para tentar asfixiar outras opcións de xestión de residuos e atraer o máximo número de concellos. A realidade é que SOGAMA se financia directamente dos nosos petos por dobre vía: unha

Folga contra os recortes, os copagos e o intento de privatización da sanidade pública galega.

En defensa da sanidade pública: a crise como coartada para a privatización Espazo Ecosocialista apoia a folga contra os recortes, os copagos e o intento de privatización da sanidade pública galega que os diversos colectivos de traballadores e traballadoras dos servizo público de saúde galego van realizar os próximos 9 e 10 de decembro. Ademais Espazo chama a toda a poboación galega a apoiar estas mobilización do persoal sanitario acudindo de forma masiva as manifestacións convocadas o día 10 de decembro nas principais cidades e vilas galegas. O goberno do PP está empeñado no desmatelamento da sanidade pública en España e a Xunta de Galicia é unha alumna avantaxada na aplicación de todas as medidas dirixidas a desmantelar os soportes do sistema sanitario (universalidade, accesibilidade e equidade). O RD 16/2012 de medidas dirixidas a garanter a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde xustamente fai o contrario do que o seu nome anuncia. Entre outros aspectos, víncula o de