Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Literatura Galega

Ritual para unha tribo capital de concello, poemario de Manuel María

Este sábado, día 8, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María preséntase a nova edición de Ritual para unha tribo capital de concello, poemario de Manuel María editado por primeira vez en 1986. Un libro, que en palabras de Camilo Gómez Torres, biógrafo e estudoso da obra de Manuel María,  “é  sentido e sufrido polo poeta coa intensidade dun amor que vai máis aló da vida e da morte”.   A profesora de literatura de Educación Secundaria, Eva Teijeiro, o divulgador cultural e investigador da historia de Outeiro de Rei , Orlando Viveiro, o arquéologo e museólogo, Felipe Senén, autor das ilustracións do libro, e o profesor de Historia da Universidade de Deusto, Xosé Estévez, autor do limiar do poemario, serán as persoas encargadas da presentación, na que tamén se intercalará coa lectura, por parte das persoas presentes, dalgúns dos poemas contidos no libro. Ritual para unha tribo capital de concello é un canto lírico-etnográfico da tribo natal de Manuel María, Outeiro d...

A AS-PG presenta a versión dixital da Historia da Literatura Galega

Esta obra presentou-se a sexta-feira ( 11 de Marzo ) ás 20 horas na sala de exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo, coa presenza de Xosé Ferreiro , delegado de Cultura da Deputación de Lugo; Xoán Costa , presidente da AS-PG; a escritora Olga Novo ; e Armando Requeixo , escritor e crítico literario. Acompañarán con música Tonecho Castelos e Pablo Esqueira . Grazas a esta obra poderemos coñecer “ o mellor que escribiron as galegas e os galegos que nos precederon ou que, afortunadamente, aínda conviven connosco ”, segundo declarou Xoán Costa , presidente da AS-PG, que nos explicou que o proxecto comezou hai dous anos: “ Partía da exitosa experiencia que durante 50 semanas, en entregas quincenais, mantivera nos quiosques un fascículo e un libro. Actualizar e reeditar en papel non parecía unha opción adecuada. Así que optamos por facer todo de novo, en formato nativo dixital, con outra estrutura e outros obxectivos ”. Esta ferramenta web inclúe 1.600 ...