Saltar ao contido principal

Luns 25 de abril, nova asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Este luns, 25 de abril, ás 19:15h, no Ateneo Ferrolán, terá lugar unha nova asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra.

Nesta ocasión, debatirase sobre as propostas para reivindicar o 1º de Maio, a organización para participar na manifestación que organizan as Marchas da Dignidade a nivel galego o vindeiro 28 de maio en Lugo, a posibilidade de sumarse ás mobilizacións convocadas a nivel europeo para o 14 e 15 de maio, e darase información sobre o resultado dos grupos de traballo sobre o naval, e o plan de choque contra o paro, polo emprego e renda básica.

Se queres máis información, poderás atopala na seguinte ligazón do seu blog: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2016/04/participa-na-asemblea-das-marchas-da_24.html