Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ano Quessada 2016

Mesa Redonda "Lembrando a Quessada" o venres 27 ás 20h e colocación de placa de recoñecemento o sábado 28 ás 11h

Dende Fuco Buxán convídavos á mesa redonda que leva por título LEMBRANDO A QUESSADA , na que intervirán o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero , o Presidente da A.C. Fuco Buxán Rafael Pillado e o Concelleiro de Cultura de Ferrol   Suso Basterrechea . O Vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco José Gómez Alén , comisario da mostra, fará a presentación do catálogo da exposición que se entregará ós asistentes. A devandita mesa terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro , -día internacional das vítimas do holocausto- no Centro Cultural Torrente Ballester ás 20:00 h . Ó día seguinte, sábado 28 de xaneiro , ás 11:00 da mañá , poñeremos unha placa de recoñecemento a Xaime Quessada ó pé dun castaño na rúa Lepanto, fronte ó local da A.C. Fuco Buxán e como remate da homenaxe.

Exposición "Quessada e o seu tempo" - Visitas guíadas de balde os venres 13 e 20 de xaneiro

Lembran que o ano 2016 foi declarado "Ano Quessada" en Ferrol? Saben que está aínda dispoñible a exposición "Quessada e o seu tempo" no Centro Torrente Ballester , e que poderán visitala ata o 31 de xaneiro de 2017 ?   Pois ben, para aproveitar ao máximo o pouco tempo que queda, dende Fuco Buxán organizaremos dúas visitas guíadas a esta exposición única e que pode que tarde moito tempo en repetirse de novo na nosa cidade. As visitas guiadas terán lugar nas seguintes datas: Venres 13 de xaneiro , ás 19:30h Venres 20 de xaneiro , ás 19:30h Estas visitas correrán a cargo do noso amigo, membro da xunta directiva, e tamén pintor Victor G. Novás . As visitas son completamente de balde e non é precisa inscrición algunha.

Inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" - Venres 19 de novembro, 19h

Temos o grandísimo pracer de convidarte á inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo" que organizamos en conxunto coa Fundación Xaime Quessada Blanco e o Concello de Ferrol dentro dos actos realizados para a celebración do Ano Quessada . A inauguración terá lugar este venres 18 de novembro de 2016, ás 19:00h no Centro Torrente Ballester . Este xoves 17 de novembro, ás 12:00, no Concello de Ferrol terá lugar unha rolda de prensa na que se anunciará este acto de xeito oficial. O Ano Quessada do Concello de Ferrol comenzaba o pasado 2 de marzo coa apertura ao público da montaxe no Auditorio de Caranza de dous inmensos murais de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), un dos artistas plásticos galegos con mais proxección internacional. Desde entón, locen nas paredes do recibidor e no primeiro andar deste contedor cultural da cidade, logo de moitos anos ocultos e mesmo desterrados, como parte do patrimonio artístico municipal para o desfrute colec...

Mesa redonda: Recordando a Xaime Quessada - 13/05/2016

Como xa viñamos anunciando dende hai semanas, este venres 13 de maio terá lugar unha mesa redonda na que se lembrará a personalidade artística e cultural, a súa ligazón sociopolítica e os vínculos literarios de Xaime Quessada . Sen embargo, é preciso aclarar que, tal e como se indicaba na rolda de prensa deste martes 10 de maio no Concello de Ferrol , o plantexamento desta xornada presenta varias modificacións: Ás 18:30h terá lugar no Auditorio de Ferrol unha visita guiada ós dous murais de Quessada expostos neste edificio. Posteriormente, ás 20:00h , no Centro Torrente Ballester terá lugar o acto titulado "Lembrando a Quessada" , no que intervirán  Vicente Álvarez Areces , expresidente do Principado de Asturias, quen lembrará o compromiso político e social de Quessada no contexto da cidade; Darío Villanueva , director da Real Academia Española, e José Gómez Alén , experto na figura do artista plástico Agardamos poder contar coa vosa presenza neste acto.