Encontro Galego contra a OTAN denuncia o uso do arsenal de Ferrol por buques da Alianza Atlántica Converte a cidade en "central de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo", explica a Plataforma. Nun comunicado, a plataforma asegura que a Armada está a poñer a punto un peirao na cidade para que calquera buque da OTAN poida utilizar as bases navais do Estado español "como centrais de operacións para misións de guerra e agresións alleas aos intereses do noso pobo". Unha situación que, din, "convirte as localidades onde están ubicadas en obxetivos militares, feito que supón a total perda de autonomía para o país". Por iso, desde o Encontro Galego contra a OTAN denuncian "a obediencia do Réxime do 78 co imperialismo ianqui-europeo e as consecuencias que esta provoca sobre a clase obreira e as capas populares galegas". Tamén mostran o seu rexeitamento ás "reformas, rendendo pleitesía á Alianza Atlántica,
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."