Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2015

Colectivos galegos visibilizarán no Parlamento a gravidade da contaminación das rías e ríos

  O vindeiro 1 de decembro unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, viaxará de novo a Bruxelas (é a terceira vez) convidada   pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, co fin de facer visible, una vez máis, no Parlamento Europeo, a problemática da nosa Ría e os perigos da Planta de Gas de Reganosa: Colectivos galegos visibilizarán no Parlamento a gravidade da contaminación das rías e ríos   ·        Unha delegación de 18 persoas acudirá ao PE o vindeiro mércores 2 de decembro en representación de distintas asociacións e entidades ·        A eurodeputada Lídia Senra promoveu esta viaxe co obxectivo de denunciar a contaminación e realizar unha posta en común das loitas Bruxelas, 27 Novembro 2015. Integrantes do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol , a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra , a Plataforma de Defensa do Río Baa ,  SOS Río Miño ,  Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescador

MOCIÓNS SOBRE NAVANTIA NO CONCELLO DE FERROL

No pleno municipal celebrado onte en Ferrol debatéronse dúas mocións relacionadas con Navantia: a presentada polo noso comité de empresa e unha moción conxunta presentada por Ferrol en Común, PSOE e BNG sobre o veto do CNI contra o compañeiro Xaquín. A moción do comité foi aprobada cos votos a favor de tódolos grupos menos o PP, que votou en contra. Nada do que sorprenderse, dada a política deste goberno con Navantia. Respecto á moción sobre o CNI, os voceiros de FeC, PSOE e BNG amosaron un total rexeitamento a ese veto. Pola súa banda, o PP e Ciudadanos argumentaron que o tema debía dirimirse nos tribunais. A moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos de FeC, PSOE e BNG e coa abstención do PP e Ciudadanos. O texto da moción é o seguinte: O día 13 do presente, Xaquín García Sinde, veciño da nosa cidade, recibiu unha resolución do Centro Nacional de Inteligencia na que se lle prohibe que desenvolva determinadas tarefas profesionais en Navantia. En dita resolu

Homenaxe a Susana Alaniz

  ÁLBUM FOTOGRÁFICO Onte á tarde a Asociación de Mobilidad Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón. No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante. Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidad Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.

Neira Vilas, sempre!

Sempre Neira Vilas. A A.C. Fuco Buxán quere expresar o seu pesar polo pasamento do amigo Xosé Neira Vilas, que a pasada noite fóisenos polo río da vida, como él diría: “Voltei mirar para o río e a comparalo coa vida. Coa vida de todos. A da xente que facía a labra; a dos que estaban lonxe, ou navegando, ou inda non naceran. ¡Que procesión inmensa é o mundo! Que feira, onde a todas horas chegan uns e outros vanse. Andará agora, ledo, por “onde rematan os camiños” da man da súa dona Anisía, do Padriño, do Lelo de Cidre, de Seoane e Díaz Pardo, de tantos e tantos personaxes reais ou imaxinarios que formaron parte da súa longa e fructífera vida, e a súa estrela non esmorecerá porque os que o coñecimos, os que escoitabamos con atención as súas reflexivas e interesantes paroladas, os que leron as memorias de Balbino, as cartas a Lelo, e tantos, tantos outros traballos, gardaremos a lembranza dun home bó e xeneroso, colaborador desinteresado en todos os eventos cultur

Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" [Ciclo Democracia e Compromiso]

A  Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á Conferencia- Coloquio que leva por título BALANCE DA LEXISLATURA. MILAGRE ECONÓMICO? que será impartida por Manuel Lago (Vigo, 1956) , responsable do Gabinete Económico de CC.OO e Profesor da Universidade da Coruña. Do ano 2005 ó 2009 foi Director Financieiro da TVG. O gasto público (sanidade, educación, vivenda, servizos comunitarios...) tivo unha redución drástica en España ó tempo que se incrementaba a factura financieira. Este enorme tixeretazo -que afecta á capitalización e á competitividade do Estado- deprime a economía sen equilibrar as contas públicas nunha carreira sen fin cara ó deterioro imparable do noso feble “Estado del Bienestar”. Coa devandita Conferencia, a  A.C. Fuco Buxán continúa o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO , pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende pe

IN MEMORIAM DE CARLOS OROZA, EL MAESTRO Y EL AMIGO.

Por Juan C. Valle “Karlotti”, socio da A.C. Fuco Buxán. Ha muerto?, Hay personas que nos dan la vida, incluso cuando dicen adiós, y es que como todas a las que amamos, viene a habitar LA ALDEA DEL CORAZÓN de cada uno de nosotros. Incluso para los que no lo tuvieron en cuenta en vida, o solo de un modo oportunista, en los últimos años, se arrimaron a él, viendo en ello una fuente de BENEFICIOS, no espirituales, ni de vida, ni de conocimiento o experiencia existencial, o solo por el placer magnífico deexperimentar lo que sólo los poetas de verdad son capaces de provocar, hacen de su muerte un NEGOCIO NECRÓFILO. Le conocí de la mano de Pinho, y siempre cuando salíamos de las madrugadas, indemnes a duras penas, y él siempre por las Avenidas del día, con la bahía de Vigo llenandole de orillas los bolsillos, lo encontrabamos en una de las varias cafeterías que abrían a primeras horas de la mañana, caminaba recitando el mundo, siempre elegante como los antiguos rapsodas, (Dijo

Entrada de Gaseiro na Ría, CONCENTRACION, Lúns 23 de novembro

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNLnº 203  con destino á planta de   Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca: CONCENTRACION Lúns 23 de novembro 2015, ás 19 horas, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada Garcia - Ferrol) PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! -- Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

"PAREMOS O FEMINICIDIO"

Agradécese a difusión desta mensaxe A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da   MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES           QUEREMOS CONVIDARVOS, COMO CADA ANO, A PARTICIPAR NOS  ACTOS  QUE TERÁN LUGAR NA       PRAZA DA GÁNDARA (NO MONUMENTO Á MULLER) DE NARÓN       ÁS 20:00H.  O   MÉRCORES  25 DE NOVEMBRO,  PARA CONMEMORAR O  DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.   "PAREMOS O FEMINICIDIO" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas vontades para facer realidade a utopía doutro mu ndo que é necesario construír, libre de violencia e de inxustizas, porque non é bo continua

Conferencia "REFUXIADOS E INMIGRANTES" dentro do Ciclo [DEMOCRACIA E COMPROMISO]

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á conferencia-coloquio que leva por título REFUXIADOS E INMIGRANTES e que será impartida por Nieves Santomé, Decana do Colexio de Avogados de Ferrol e Presidenta do Consello da Avogacía Galega . A Cumbre de LA VALETA dos Xefes de Estado europeos e africanos consumou a política de peche de fronteiras na Unión Europea, unha zona con medios e déficit poblacional nas mellores condicións para recibir inmigrantes que reclaman dereitos tan básicos como á vida ou ó asilo. Perdeuse unha nova oportunidade ó demostrar a nosa incapacidade para propoñer solucións á altura dun proxecto europeo que naceu iluminado polos principios democráticos i éticos ó servizo dun mundo caracterizado pola xustiza, a seguridade e a prosperidade para todos. No coloquio tentaremos indagar nas claves desta clara oportunidade que dende os mass media nos presentan como un grave problema. Coa devandita Conferencia, a A.C. Fuco Buxán continúa o ciclo que baix

CONCENTRACION: Entrada de gaseiro Nº 203

Estando prevista a entrada na Ría dun gaseiro (nº 203) cargado con GNL para a planta de gas de Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha CONCENTRACIÓN: Lúns, 16 de novembro, ás 19 h diante do Edificio da Xunta de Galicia (Prza. Amada Garcia – Ferrol) PLANTA DE GAS : PECHE XÁ ¡

Programa do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" 13, 14 e 15 de novembro no Ateneo Ferrolán

Venres día 13 de novembro ás 19,30 h. Acto Inaugural do Congreso: Intervirán: Jorge Juan Suárez Fernández (Alcalde do Concello de Ferrol) José Antonio Solana Fernández (Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria) Conferencia inaugural a cargo do escritor Xosé Neira Vilas 1ª Sesión. Mañá do Sábado, 14 de novembro de 2015 De 09:30 a 11:30 Fernando Ocampo Montesinos/Juan Márquez Lacasa. Bartolomé Crespo Borbón, un ferrolán dramaturgo en Cuba Juan J. Burgoa. Ramón Pla y Monge, un emigrante ferrolán en Cuba Xavier Brisset Martín. O chalán de Regoela. Influencia cubana na pequena Rusia Fernando Bores. Casas de habaneros. De 11:45 a 13:30 Juan A. Carneiro Rey e Miguel A. Rodríguez Vázquez.  A sociedade “Unión Mugardesa de Instrucción” Manuel Souto López. A colectividade pontesa na Habana. Organización social, ideal educativo e plasmación práctica Henrique Sanfiz Raposo. Sociedade Naturais de Fene, pioneiros na innovación pedagóxica De 13:45 a 14:00 Proxec

Conferencia-coloquio que leva por título Polo Dereito á Enerxía: Outro Modelo, outro recibo

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á conferencia-coloquio que leva por título Polo Dereito á Enerxía: Outro Modelo, outro recibo que será impartida por Pablo Álvarez Fernández, presidente da Cooperativa NOSA ENERXÍA o venres día 6 de novembro ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Ferrol, praza de España, sala audiovisual, 2º andar. Coa devandita Conferencia, a A. C. Fuco Buxán continua co Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO pretende indagar nas claves e contribuir ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas. Prégase e agradécese difusión!

Rolda de Prensa do Foro Galego de Inmigración

FORO GALLEGO DE INMIGRACIÓN -COORDINADORA DE FERROLTERRA/ STOP DEPORTACIONES / MOCIÓN FERROL CIUDAD LIBRE DE CIES - DEPORTACIONES El Foro de Inmigración , convoca una rueda de prensa informativo el martes 3 de noviembre a las 12.30 hs en la Sala de Comisiones del Ayuntamiento de Ferrol para presentar la MOCIÓN : FERROL LIBRE DE CIEs/DEPORTACIONES , que con posterioridad se presentará de manera formal en el Ayuntamiento en una rueda de prensa con la Concejala de Inmigración-Emigración María Teresa Rivera , prevista para las 12.30 hs. Con intención de que ésta Moción pueda ser presentada y aprobada en el Pleno Municipal.Éste acto se encuadra en la III Semana de Lucha contra las Fronteras que se está a desarrollar entre el 2 y 5 de noviembre con la participación de la activista Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola Colectivo Tanquem els CIEs Barcelona .En Ferrol éste acto se completará con la charla de ésta activista a las 19.30 hs en Galería Sargadelos (Rubalcaba 30-32 y calle María