Foro Galego de Inmigración - Mércores 14 de decembro: Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais” con Manolo Bayona
Este mércores 14 de decembro , ás 19:00h , no Ateneo Ferrolán terá lugar o coloquio "Fronteiras invisibeis e dereitos sociais" , enmarcado dentro das actividades que celebran para conmemorar a Semana de Loita Contra as Fronteiras que organizan dende o Foro Galego de Inmigración, e que este ano terá lugar entre o 14 de o 17 de decembro. Neste acto abordarán o tema das barreiras no dereito a vivir dignamente e someter a unha análise crítica as rendas municipais e máis concretamente a compostelá Renda de Garantía Social Municipal. Intervirá Manolo S. Bayona , participante da Coordinadora Baladre . Máis información: http://forogalegoinmigracionferrolterra.blogspot.com.es/2016/12/mercores-14-de-decembro-coloquio.html https://www.facebook.com/events/190670534670486/