Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2013

Martes día 2 ás 17.00 horas, no 93.9 FM RàdioFilispiM, O Recuncho Nº 131.

Martes, 2 de abril de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:   http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg R epetición radiofónica: sábados, ás 12:00 horas. “O Recuncho” N º131, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Celso Posada, con quen falaremos do Ensino Público, e o compañeiro de Fuco Buxán Xurxo Gago. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “O Teatro de Brecht, actualidade e vixencia” Na “Sección Poética”  de Lorena Calaza:  Bertolt Brecht Os libros recomendados,  espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados,  por Fernando Ocampo. Música: Masiel canta a Brecht. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com E -mail: opafuco@gmail.com   tel éfono en directo: 981371040 Martes, 2 de abril de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:   http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

CONCENTRACION DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DUNHA MULLER EN LUGO

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACION DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DUNHA MULLER EN LUGO   O VINDEIRO LUNS 1 DE ABRIL ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL.   Unha vez máis temos que concentrarnos para amosar a nosa repulsa polo brutal asasinato a mans do seu marido dunha muller en Lugo. Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. O silencio fainos cómplices, non sexamos cómplices.   O VINDEIRO LUNS 1 DE ABRIL ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL. Coordenadora Nacional Galega Marcha Mundial das Mulheres Marcha Mundial das Mulleres Rúa Romil, 20, baixo 36202 Vigo-Galiza CIF G-15773013 Teléfonos de contacto: Coord. Nacional: 671695968 Coord. Ferrolterra: 696732735 Coord. Compostela: 647735737 Coord.

Presentación do libro e conferencia: “Jueces: la presencia del franquismo”

Organizado pola Asociación Cultural Fuco Buxán, Presentación do libro e conferencia: “ Jueces: la presencia del franquismo ”     na que intervirá o seu autor: Carlos Jiménez Villarejo    (Exfiscal anticorrupción ) Venres, 1 2 de abril do 2013,  ás 20 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero , na Praza do Inferniño, en Ferrol. “ El franquismo y sus fundamentos autoritarios y antidemocráticos continúa estando presente entre nosotros (…) La derecha que gobierna España tiene fijado un horizonte de autoritarismo que irá haciendo efectivo y patente si la reacción social y política no tienen la realidad y la fuerza necesaria para impedirlo (…) La actual deriva autoritaria necesitará, y contará sin duda, de la colaboración del Poder Judicial” (do epílogo do libro).

Hoxe, martes 26 ás 17 horas en 93.9 FM RadioFilispíM, "O Recuncho nº 130".

 Hoxe m artes, 26 de marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 130 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Conx. Telefónica con Rafael Pillado: “Homenaxe a Hugo Chávez” O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Estatísticas da dor social” Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Miguel de Cervantes Os libros recomendados , espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados , por Fernando Ocampo. Música: Teresa Salgueiro. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040   N o 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Solidariedade cas mobilizacións dos/das traballadores/as de FIMO

 A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarízase cos traballadores e traballadoras de FIMO, apoia as súas mobilizacións e convida a toda a cidadanía a acompañarlles nas súas concentracións, en defensa da continuidade dos seus postos de traballo e os seus dereitos laborais. O persoal, que continúa traballando e esforzándose pola viabilidade da Entidade, leva xa 7 meses sen percibir o seu salario. Quenda de mobilizacións: Todos os días de lúns a venres (agás festivos), entre o 18 de marzo e o 18 de abril, de 11,00 a 12,00 horas, en FIMO. O 27 de marzo de 9,30 a 12,00 horas, no Concello de Ferrol. O 28 de marzo ás 11,45 horas na entrada de FIMO, durante a inauguración de EQUIOCIO. O Consorcio Proferias e Exposicións de Ferrol (FIMO), é unha entidade de dereito público sen ánimo de lucro,participada pola Cámara de Comercio de Ferrol (55%), e o Concello de Ferrol (45%). FIMO, é unha Entidade xurídica propia, rexida por un Consello de Administración formado por 10 membros,

DESAFIUZAMENTOS – DESAHUCIO EXPRÉS.

Xoves 21 de marzo ás 19,30 horas na Galería Sargadelos - Ferrol A Asociación Cultural Fuco Buxán comprácese en convidalo á mesa redonda - debate que leva por título: DESAFIUZAMENTOS – DESAHUCIO EXPRÉS. Qué facer. Propostas para un protocolo, na que intervirá: ÁNGEL GARMENDIA (Expresidente Xunta Persoal Admón de Xustiza – A Coruña. Excoordinador Xustiza CCOO – Galicia) Na mesa redonda debatiremos entre tod@s sobre a actuación dos afectados, sobre a importancia do traballo dos movementos sociais neste campo e tamén sobre as eventuais propostas para facer fronte ós desafiuzamentos, tendo en conta a legalidade vixente e as novas iniciativas lexislativas do goberno do PP neste ámbito. Agardando poder contar coa súa participación, reciba un cordial saúdo.   Xoves 21 de marzo ás 19,30 horas na Galería Sargadelos - Ferrol .

Hoxe, ás 17:00 hs. en 93.9 FM ou internet, O Recuncho nº 129

Hoxe m artes, de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 129, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitada: Elena Casal Mera, responsable de Movementos Sociais na A.C. Fuco Buxán. Falaremos da Banca Ética, da Plataforma en defensa da Sanidade Pública, de Stop-Desafiuzamentos, do Banco de Alimentos, do Banco de Tempo, da Cooperativa Armeria …. un percorrido por todas estas actividades de carácter social e solidario. Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Safo de Lesbos. Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Música: Música instrumental Andina. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com  telefº directo: 981371040 Hoxe m artes, de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/rad

Banco de Alimentos de Emerxencia Social Ferrol, Solidariedade.

 En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas. Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc.. Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497 Os

Nota Prensa de Stop-Desafiuzamentos Ferrol

NOTA DE PRENSA AVISO URXENTE: STOP-DESAFIUZAMENTOS NON ESTÁ PEDINDO DIÑEIRO POLAS CASAS : Chegou-nos un aviso que desde hai uns días, hai persoas que van pedindo diñeiro polas casas no nome de Stop-Desafiuzamentos. Mesmo onte na zona de Canido e Xoane pedían cartos  para "evitar" un desafiuzamento na Magdalena, dicían que xuntaran 4.000 e que necesitaban 1.000 máis. Desde Stop-Desafiuzamentos queremos facer público, para xeral coñecemento que en ningún momento Stop-Desafiuzamentos está pedindo diñeiro, nin polas casas, nin pola rúa . Dicer que toda a actividade que desenvolvemos é con traballo voluntario non remunerado. E que se algunha vez necesitamos diñeiro para desenvolver algunha actividade, son as entidades sociais, culturais, veciñais, ... que participan no Encontro Social de Ferrol Terra as que contribúen economicamente. Dicir que en ningún caso, é función de Stop-Dasafiuzamentos recadar diñeiro para pagar-lle aos bancos. Dicir que en próximos

Ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria

 O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) deu un varapalo á normativa española sobre desafiuzamentos, confirmando a ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria desde fai vinte anos. O TJUE, de obrigado cumprimento para os xuíces españois, pasa por encima até da normativa estatal e conclúe que se vulnera de forma clara os dereitos fundamentais das persoas afectadas e concretamente o dereito á defensa. Máis info en Rede Apoio Mútuo Ferrolterra ENCONTRO SOCIAL Conxunto de colectivos, asociacións, organizacións e persoas, unidas para enfrontarse á Estafa chamada Crise e ás políticas neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo. O Encontro Social de Ferrol Terra, reúnense na Asemblea de movementos, organizacións e persoas.

Contra o megaproxecto a ceo aberto da mina de ouro de Corcoesto

  O vindeiro 13 de marzo, ás 19:30 horas, na sede de Esquerda Unida en Ferrol (Rúa do Sol 124, entrechán esquerda), a Plataforma pola defensa de Corcoesto dará una charla-conferencia sobre a minaría contaminante a ceo aberto, o seu impacto medioambiental e as nefastas consecuencias que pode ter para a poboación e a economía primaria. Asemade, porase de manifesto o fraude e os enganos do Partido Popular, en canto a creación de emprego e desenvolvemento da economía local, cando o que realmente existe é especulación pura e entrega da terra a multinacionais estranxeiras sen escrúpulos por un puñado de euros. Acude e infórmate! A A. C. Fuco B uxán, súmase ás denuncias e apoia e solidarízase coa PLATAFORMA 'SALVEMOS CABANA' Contra a Minaría Tóxica na Costa Da Morte. Exuberancia natural e paisaxe intacta no corazón da Costa da Morte - Exuberancia natural y paisaje intacto en el corazón de la Costa da Morte   © Salve

Hoxe martes, ás 17 h en 93.9 FM ou Internet, O Recuncho Nº 128

Hoxe martes, ás 17 h en 93.9 FM ou Internet, O Recuncho nº 12 . Martes, 12 de marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 128, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Conexión telefónica con Paco García Trigo, da Plataforma pola defensa de Corcoesto. Invitado: Juan C. Valle “Karlotty”: VI Semana da Poesía Salvaxe. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Os “Miudiños” de Vicente Araguas Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Martín Códax Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Música: Fuxan os Ventos Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

Fotografías Dez de Marzo, Dia da Clase Obreira Galega

10 de Marzo de 2013: Contra o paro e pola rexeneración da democracia (CCOO - UXT - USTG) - Manifestación Día da Clase Obreira Galega - Homenaxe Día da Clase Obreira Galega. A CIG reclamou no Día da Clase Obreira Galega o dereito a un emprego digno, á negociación colectiva e á soberanía nacional.   Ver Álbums Fotográficos no seguinte enlace: Álbum Fotográfico Fuco Buxán Álbum fotográfico Susete 1 Álbum Fotográfico Susete 2

8 de Marzo: Fotos e Vídeo, Actos en Ferrol.

Resumo dos a ctos do Día Internacional da Muller, organizados pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, no Cantón. Fotos e vídeo no seguinte s enlaces: Álbum Fotográfico Susete Ferrol Álbum Fotográfico Fuco Buxán Vídeo do acto DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES A participación das mulleres na historia da humanidade, na construción das habilidades e saberes humanos foi achantada ou ignorada durante séculos. Con moitísimo traballo e esforzo tivemos que loitar contra os muros da exclusión, da inferioridade, da falta de recoñecemento social e político, individual e colectivo. Unha loita incesante que non nos dá un momento de acougo, xa que no intre en que se recoñecen algunhas das nosas demandas vemos como, cunha rapidez asombrosa, érguense de novo os vellos muros pero con outros nomes: crise, recortes, paro, peche de servizos sociais, economía somerxida, violencia de xénero... e moitos máis que enredan e obstaculizan o que parecía que xa era noso e que toda