Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AGA

AGA - Campaña de trampeo de primavera - Programa STOP vespa velutina - Datas actualizadas

A xente da Asociación Galega de Apicultura (AGA) de Ferrolterra nos envían este comunicado no que promoven entre a xente a realización dunha campaña colocación de trampas contra a vespa velutina esta primaveira, coa fin de evitar que esta praga, perigosa para o ser humán e letal para a poboación de abellas, siga a medrar: CAMPAÑA DE TRAMPEO DE PRIMAVERA - PROGRAMA STOP VESPA VELUTINA As velutinas representan un problema importante de todos xa que devoran insectos beneficiosos que garanten a biodiversidade, acaban coa froita e representan un risco serio para as persoas. Os centos de raíñas que xera cada niño velutino en outono coa primavera reinician o seu ciclo vital para fundar novas colonias, sendo cando mellor se pode loitar contra a praga, xa que na primavera cazamos raíñas. Unha campaña intensa de trampeo na primavera reduce o número de niños ata un 75%. Participa e pon na túa horta ou xardín un par de trampas colgadas das árbores en flor como camelias e frutais xa que é alí...