Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Festival

Migrasons - Festival Internacional de Cultura Atlántica Migrante

Xa está en marcha Migrasons - Festival Internacional de Cultura Atlántica Migrante que acollerá eventos de diferente índole cultural en varias poboacións da comarca de ferrolterra. Ademáis Susana Alaniz, presidenta de Fuco Buxán, realizará a presentación do festival o día 25 no porto de Redes.

“Festival Solidaro para a Semente”

Cartel do evento - Concello de Narón O Concello de Narón e a Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos organizan o “Festival Solidario para a Semente” que terá lugar este domingo, día 12, no Auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia s/n). A cita, que dará comezo ás 17.30 horas, programouse coa temática das Irmandades da Fala en Galicia e consistirá nunha gran variedade de actividades ás que irán dando paso tres recoñecidos personaxes: o cantautor fenés Roger de Flor; o grupo tradicional infantil Quenindiole e a narradora oral Vero Rilo. O prezo das entradas é de 8 euros, se ben os menores de oito anos poderán asistir de balde. No transcurso desta convocatoria estrearase unha curta realizada polo colectivo Semente e sortearase unha pandeireta artesá entre os asistentes. A cita, que se convoca por segundo ano consecutivo, aposta unha vez máis cunha variada programación por impulsar a lingua e a cultura galegas entre os adultos pero, especialmente, entre as nenas e os neno...

Festival Solidario co Ateneo Ferrolán, este sábado 16 de Abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero

Festival Solidario co Ateneo sábado día 16 de abril ás 18 h. no C.C. Carvalho Calero Entrada de balde 40 anos da refundación do Ateneo na cidade Haberá música, teatro, poesía, sorteos, ... Ven a celebralo con nós! Presentado por Silvia Casal e Leandro Lamas Participan : Maquinarias Teatro Poesía Salvaxe Real Coro Toxos e Froles A Escola da Vaca Manolo Bacalhau Un lugar de encontro para a cultura. Ateneo Ferrolán, fundado en 1879. E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza) Síguenos: TWITTER: @ateneoferrolan BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/ FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/ Faite soci@ on line! Colabora con nos! http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html Para axudas e aportacións económicas: CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán. ES72-3058-6402-9...