Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Publicacións

Presentación da Revista "Razón Socialista" Nº 35.

A. A.C. Fuco Buxán convida a toda a cidadanía á presentación do Nº35 da súa revista semestral "Razón Socialista" , que terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro, ás 20,30 horas, no Ateneo Ferrolán . Presentación do Nº 35 de “Razón Socialista” a Revista semestral de Fuco Buxán, subtitulada "Pola rexeneración da Esquerda" . Intervirán: Xosé M. Martín (articulista), Manuel Cendán e Xosé Torregrosa (subdirector e Director da Revista). Edita: www.publilar.es

Presentación Nº 34 de Razón Socialista

A Asociación Cultural Fuco Buxán, convida á cidadanía á presentación do Nº 34 da súa Revista semestral "Razón Socialista" . A presentación da mesma terá lugar o vindeiro xoves día 20 de xuño ás 19 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol . No acto Intervirán: José Martín Rodríguez,  Directivo da A.C. Fuco Buxán . Manuel Rodríguez Carballeira,  Presidente da A.C. Fuco Buxán. José Torregrosa Rodríguez,  Directivo da A.C. Fuco Buxán, director da Revista. Estades todos/as convidados/as, prégase difusión. En nome da nosa asociación: Grazas por estar aí!

Presentación da Revista Razón Socialista en Narón.

Este vindeiro xoves, 7 de marzo, ás 20 hs, no Local da Agrupación Socialista na Rúa Cristóbal Colón, 25 baixo en Santa Icía - NARÓN -, terá lugar a presentación do N º 33 revista d a A. C. Fuco Buxán, Razón So cialista. Na mesma,  intervirán as seguintes persoas : Celso Posada Fernán d ez, articulista Manuel Cendán Dopico , s ubdirector revista . José Torregrosa Rodríguez d irector da Revista. 

Presentación das Memorias de Rafael Pillado en Valdoviño

A A. C. Fuco Buxán organiza o vindeiro venres día 25 , ás 20 hs, na Casa da Cultura de Valdoviño, a presentación das Memorias de Rafael Pillado , unhas Memorias Colectivas d u n dos derradeiros representantes vivos do movemento obreiro ferrol án que loitou na clandestinidade contra a ditadura. O latexo dá vida e dá conciencia relata nun dos seus capítulos os tráxicos acontecementos do 10 de marzo do 72 en Ferrol, nos que dous traballadores do naval, Amador Rei e Daniel Niebla, morreron asasinados por disparos da policía durante unha protesta. Estades todos convidados.

Vindeiro acto de presentación do Nº 33 da revista "Razón Socialista" en Cariño.

A A. C. Fuco Buxán quere convidar a todas as persoas á presentación do número trinta e tres (33) da nosa revista de publicación semestral “Razón Socialista” , subtitulada: “Pola rexeneración da esquerda” en Cariño , no centro da Agrupación Socialista , o sá bado día 12 de Xaneiro de 2013 ás 18.00 Horas . Acoden á presentación: Enrrique Barrera , historiador e profesor, membro da directiva da A. C. Fuco Buxán,  creador do artigo Paracuellos. Manuel Cendán , membro da A. C. Fuco Buxán, subdirector da revista "Razón Socialista" , creador do artigo máis PSdeG. José Torregrosa , membro da directiva da A. C. Fuco Buxán, subdirector da revista "Razón Socialista". Na presentación farase unha referencia ao aritgo de Paracuellos na que Enrrique Barrera explicará a verdade daqueles feitos que moitos quixeron imputar a Santiago Carrillo.  Estades todos convidados, e sobre todo as persoas das localidades pretas a Cariño. 

Prensentación do Nº33 da nosa revista Razón Socialista

  A A. C. Fuco Buxán, prácese en anunciar, que xa está aquí, que xa chegou, xa se lle espera, e se convida a toda a cidadanía a asistir á presentación do número trinta e tres (33) da nosa revista de publicación semestral “Razón Socialista” , subtitulada: “ P ola rexeneración da esquerda” . O vindeiro luns 17 de Decembro 2012, ás 20:00 Horas na Galería Sargadelos de Ferrol Intervirán: Xosé Mª Gómez Fandiño,  Periodista José M. Torregrosa Rodríguez,  Director da Revista Rafael Pillado Lista,  Vicepresidente de Fuco Buxán

O Próximo número de Razón Socialista

A nosa asociación xa está a traballar nun novo número da nosa revista Razón Socialista . Este número vai estar adicado á figura de Santiago Carrillo con motivo do seu falecemento, sendo socio de Honra da nosa asociación Fuco Buxán, merece unha importante atención e homenaxe pola nosa parte. Por outra banda, o vindeiro número da revista tamén analizará a situación política e social que estamos a vivir, tanto a nivel nacional, coma autonómico ou local entre outras cuestións que serán adiantadas no seu momento.