Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Alianza Social Galega

Alianza Social Galega apoiando a Folga Xeral 14-N

  Carteis Folga da 14 N - Folga Xeral !    Alianza Social Galega acorda de maneira unánime, sumarse á folga xeral do 14-N e facer público un manifiesto subscrito por as oganizacións e entidades que formamos parte da Alianza. MANIFIESTO: As organizacións e entidades que formamos parte da Alianza Social Galega subscribimos un manifesto fundacional no que rexeitamos as políticas de recortes sociais e de dereitos desenvolvidas polos Gobernos de Galicia e do Estado desde maio de 2010, que nos levan a un cambio de modelo social e, polo tanto, a unha sociedade máis inxusta e menos igualitaria. O empobrecemento masivo, a eliminación progresiva do dereito do traballo e o desmantelamento dos mecanismos e redes de protección social son políticas neoliberais que pretenden acabar co estado do benestar e esixen unha mobilización contundente. A Alianza Social Galega acorda de maneira unánime, na súa reunión do 31 de outubro de 2012, sumarse á folga xeral po...

MANIFESTO DA ALIANZA SOCIAL GALEGA

Diferentes organizacións e entidades que representamos a sociedade civil galega constituímos a ALIANZA SOCIAL GALEGA para darmos unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, con consecuencias moi graves para as condicións de traballo e de vida da maioría social. Referímonos ás políticas que se veñen aplicando, especialmente desde maio de 2010, que atenden só aos intereses dos mercados ou, o que é o mesmo, da banca e do capital financeiro internacional, que mediante o seu neoliberalismo depredador mingua e pretende reducir á mínima expresión, cando non finiquitar, o. Políticas que o PP está intensificando desde que chegou ao poder no Estado. Un PP que subiu o IRPF das clases traballadoras, mentiu dicindo que incrementaban as pensións cando o incremento era absorbido polo IRPF, conxelou o SMI e o IPREM —que serven de referencia para moitos salarios e prestacións sociais—,...