O vindeiro sábado día 4 de Maio celebrarase en Caranza Os Maios coa colaboración da nosa asociación Fuco Buxán, e se convida a toda a cidadanía a acudir con flores e todo tipo de ornamentos de cor verde para facer O Maio. Convíd a se ademais, a levar alimentos individuais para xuntar entre todos o necesario para unha boa festa. "Os M aios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio. Os Maios Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñe
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."