Vai tres anos que este día supuxo un punto de inflexión para o movemento feminista xa que, en 2018, vivimos manifestacións cun apoio masivo da cidadanía. Este ano acompáñannos unhas circunstancias excepcionais que, a pesar de todos os falecementos que ocasionou, puidemos recoñecer e valorar aqueles traballos e/ou empregos que resultan esenciais para poder desenvolvernos, os relativos aos coidados, os cales son exercidos na súa gran maioría por mulleres e, en moitos casos, mulleres migrantes. Neste sentido, o Concello de Ferrol e as institucións acordaron homenaxear este ano ao Servizo de Axuda no Fogar. Aínda que esta decisión pode ter transcendencia para que a opinión pública valore otraballo realizado por un colectivo altamente feminizado, desde Fuco Buxán consideramos que esta homenaxe non pode quedar no plano simbólico, senón que é necesario que se materialicen unhas condicións laborais dignas e que a súa profesionalización encádrese en servizos socio-sanitarios. Manifestación 20...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."