A A.C. FUCO BUXÁN súmase á iniciativa conxunta das AA. de Veciños de Canido, SDyR Canido, ASC Muíño do Vento, Asociación Acordeóns de Canido-Ferrol, Aspaneps, Voluntariado de Cáritas Santa Cruz, Asociación Dignidade Galicia, Colectivo OPAII - Radio FilispiM, Sociedade Galega de Historia Natural–Ferrol, Esquerda Unida, HOSCOMPRO e persoas a título particular, de solicitar ao Concello de Ferrol un espazo público para Fernando Miramontes Vázquez como recoñecemento á súa traxectoria política, social e persoal polo ben común. Foto de Particia Hermida Desde a A.C. FUCO BUXÁN consideramos esta homenaxe como un acto de xustiza e oportunidade para destacar que nos países onde os acenos de identidade democráticas están perfectamente normalizadas (Alemaña, Francia, Italia...) e sustentadas sobre a loita contra o fascismo e polas liberdades, os cidadáns que amplían os espazos de xustiza engrandeciendo a condición humana -como é o caso de Fernando Miramontes- teñen a consideración de heroes. A dita
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."