Aseguremos os dereitos humanos en Internet. Espazo Ecosocialista insta á Xunta de Galicia a asegurar os Dereitos Humanos no ámbito dixital. Na metade do século pasado a aparición da electrónica supuxo un substancial avance no eido tecnolóxico, avance que deu outro pulo importantísimo coa aparición da internet nas últimas décadas so século XX. En poucos anos, esta nova ferramenta converteuse en básica para persoas, comunidades, organizacións, gobernos, en calquera tipo de actividade. A incidencia e o fenómeno social que supón, ven requirindo hai tempo unha regulación propia e especifica, que recoñeza aspectos e valores para todos os actores, ao mesmo tempo que obrigas e responsabilidades. Non será posíbel unha regulación xusta sen ter en conta os valores, xeitos e formas de funcionamento da Internet dende o seu nacemento. Non facelo, supón non entender nin avaliar a verdadeira importancia do que tratamos, perverter unha realidade social aloxándoa do obxectivo e do inte...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."