Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Coronavirus

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller #25N

En 1999, Nacións Unidas recoñecía oficialmente o 25 de novembro como Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.  Falamos de violencia machista ou violencia de xénero, mais debemos facer referencia as diferentes formas de violencia contra as mulleres (simbólica, sexual, económica, física, laboral, institucional). Neste día lembramos ás irmás Mirabal. Eran activistas políticas e símbolos moi visibles da resistencia á ditadura de Trujillo e foron encarceradas repetidamente polas súas actividades revolucionarias en defensa da democracia e a xustiza. O 25 de novembro de 1960, Minerva, Patria e María Teresa foron asasinadas por membros da policía secreta de Trujillo. As tres mulleres dirixíanse a Puerto Plata a visitar aos seus maridos encarcerados. Os seus corpos foron atopados no fondo dun precipicio cos ósos rotos e signos de que foran estranguladas. «Es la violencia que sufren las mujeres, que tiene sus raíces en la discriminación histórica y la ausencia de...