Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Liberdade de Expresión

Acto de apoio aos Titiriteiros

A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase ós milleiros de voces que por todo o estado consideran sen fundamento, arbitraria e desproporcionada a decisión do xuiz Ismael Moreno de dictar auto de prisión preventiva contra os membros da compañía teatral Títeres desde Abajo por un suposto delicto de enaltecemento do terrorismo. Se ben nun primeiro momento, o papel dos medios de comunicación conseguiu dar á representación de "La bruja y Don Cristobal" apariencia macabra e despiadada -mencionando contidos como violacións, asasinatos e unha pancarta facendo apoloxía da banda terrorista ETA-, finalmente resultou ser unha obra satírica na que se denunciaban os abusos de poder: entre eles, curiosamente, o escenificado por un axente de policía que colocaba nas mans da bruxa unha pancarta co eslogan "GORA ALKA-ETA" coa fin de que a condenasen por apoloxía do terrorismo. Un delicto que, ironías do destino, lles imputarían a eles mesmos, e que os mantería no cárcere varios días...