Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Eliseo Fernández

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins" a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins"  a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández Mércores día 22 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Entrada libre O Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza vén de publicar un libro que trata da mobilización obreira en defensa da liberdade tras o golpe fascista de 1936 iniciada polos mineiros de Lousame na chamada Coluna Sanfins. Esta homenaxe a unha historia esquecida foi realizada coa colaboración da Sociedade Histórica e Cultural "Coluna Sanfins" e conta con 120 páxinas sob licenza Creative Commons que narran a historia da Coluna Sanfins, as suas orixes, o contexto histórico e a importancia da minería, a represión e resistencia e os vestixios da memoria obreira. Lorena Cuevas e Eliseo Fernández, autora e autor dos textos e membros do Grupo de Memoria Histórica da CNT, presentan este traballo, o primeiro dunha colección que pretende tirar do esquecemento moitas das historias de combate, morte e ...