Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pazo da Cultura Narón

"O Piloto" O útimo guerrilleiro - Documental e Coloquio en Narón - 20/05/2016

A Asociación Memoria Histórica Democrática organiza este venres 20 de maio, ás 19:00h, no Pazo da Cultura de Narón, a proxección dun documental e posterior coloquio sobre a figura de "O piloto" , o último guerrilleiro. José Castro Veiga “O Piloto” (O Corgo 1915 – Chatada 1965) o último membro do Exército Guerrilleiro abatido pola Garda Civil, según os autores da documental: “Nin foi un bandoleiro, nin foi un escapado, nin andaba polo monte. Foi un político que non tivo máis remedio que coller as armas para defender a legalidade republicana, primeiro, e logo aos máis necesitados, tratando de que os abusos e as inxustizas minguasen ou non se levasen a cabo en moitos casos”.

Inauguración. Exposición: "Man de Camelle", en Narón.

O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 16 ó 30 de xaneiro a exposición ‘Manfred, o alemán de Camelle’. Trátase dunha recopilación da súa obra artística, fotografías e textos deste artista que fixo da Costa da Morte o seu lugar de traballo e de vida. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 19:00 horas. A entrada é gratuita, e os horarios de visita son os seguintes: de luns a venres: de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e sábados: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, o mércores 29 de xaneiro terá lugar a proxección do documental ‘MANfred, home sen paz’, ás 20:30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. Esta exposición está promovida pola asociación cultural Fuco Buxán e a Fundación Man Camelle, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón. Nova: http://ferrol360.es/o-pazo-da-cultura-de-naron-acolle-unha-exposicion-de-manfred-o-aleman-de-camelle/