Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Homenaxes

HOMENAXE NACIONAL A FIDEL CASTRO

A figura do líder histórico da Revolución Cubana e a súa loita a prol da independencia dos pobos revive o 29 de abril ás 19.30 h no Teatro Principal de Pontevedra. O acto, presentado por Mónica Camaño, será de balde (ata completar aforo)  e incluirá catro apartados: (interpretacións musicais, recitado de poemas, intervencións politicas e proxección de vídeos), contando coa participación das persoas que a seguir se indican. Poetas: Anxo Angueira, Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Manolo Pipas, Celso Parada e Luz Fandiño. Musicos: Tino Baz, Mini e Mero e Uxía Senlle. Oradores: Miguel Anxo F, Lores (alcalde de Pontevedra), José Antonio Solana (cónsul xeral de Cuba en Galiza), Willy Toledo (activista e actor) e Valentín Alvite (presidente da Asociación Francisco Villamil). Agardamos contar coa túa presenza e activa colaboración na difusión desta homenaxe. Vémonos en Pontevedra! VIVA FIDEL!! --  Terra sen amos - Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisc...

Homenagem a Carvalho Calero

O día  25 de março, 12:30 Hs , coincidindo com o 27º aniversário do passamento do ilustre ferrolano  Ricardo Carvalho Calero  a Fundaçom Artábria realiza, mais um ano, umha homenagem diante das ruínas da sua casa natal em Ferrol Velho com poesía, música, intervençons e oferta floral.

Homenaxe a Agustín Fernández Paz en Ferrol - Venres 17 de febreiro, 20:30h, Auditorio de Ferrol

O pasado mes de xullo publicabamos un artigo en lembranza de Agustín Fernández Paz lamentando a súa perda. Pois ben, temos que celebrar que este venres 17 de febreiro , ás 20:30h no Auditorio de Ferrol terá lugar unha homenaxe á súa persoa á que asistiremos. Compartimos con vos a invitación para participar e agardamos vervos aló: O rastro que deixamos Homenaxe a Agustín Fernández Paz Ferrolterra, Eume e Ortegal O vindeiro venres, 17 de febreiro, celebrámoslle unha homenaxe en Ferrol a Agustín Fernández Paz. Por se pode resultar de interese, informámolos da gala que se realizará ás 20:30 horas no Auditorio de Ferrol e achegámoslle o cartel cos detalles, por se queren asistir. Pregamos difusión. Un saúdo. Pola Comisión organizadora, Xosé Lastra Muruais xose@lastra.gal 609828368

Comité Cidadán de Emerxencia - Álbum fotográfico: homenaxe a Victoria e Carmelo

Compartimos esta publicación do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a homenaxe a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro do pasado sábado: ÁLBUM FOTOGRÁFICO Hoxe, sábado 11 de febreiro, un grupo de seguidores do Comité Cidadán de Emerxencia, celebrou en Caranza, un acto en lembranza a Victoria Fernández Paredes e a Carmelo Teixeiro Menéndez, quen fora primeiro Coordinador deste Comité, (falecidos en 2013 e 2008, respectivamente), ambos, exemplo de compromiso e solidariedade con todas as causas sociais e uns dos pioneiros na loita en defensa da legalidade, da ría e da vida, fronte á ameaza da Pranta de Gas de REGANOSA. Iniciouse o Acto, cunha ofrenda floral, na placa existente entre os tres carballos prantados no parque que leva o nome de Carmelo, en Caranza, e continuou coas intervencións de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, e Lupe Ces, membro do CCE, a lectura dun poema de José Torregrosa e pechouse coas notas do violín de Estrela Gómez Viñas. -- Visita a nosa w...

Comité Cidadán de Emerxencia - Homenaxe a Victoria e Carmelo o sábado 11 de febreiro, ás 12h

Como tódolos anos, nas proximidades do 9 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia organiza un homenaxe lembrando a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro. Este ano terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro . Compartimos a invitación que fan dende o Comité, e convidamosvos a participar nel para que a súa memoria perdure. O vindeiro domingo cúmprese o IX Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o sábado, 11 de Febreiro , ás 12 hs , no Parque Carmelo Teixeiro Caranza – Ferrol. Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a...

Mesa Redonda "Lembrando a Quessada" o venres 27 ás 20h e colocación de placa de recoñecemento o sábado 28 ás 11h

Dende Fuco Buxán convídavos á mesa redonda que leva por título LEMBRANDO A QUESSADA , na que intervirán o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero , o Presidente da A.C. Fuco Buxán Rafael Pillado e o Concelleiro de Cultura de Ferrol   Suso Basterrechea . O Vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco José Gómez Alén , comisario da mostra, fará a presentación do catálogo da exposición que se entregará ós asistentes. A devandita mesa terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro , -día internacional das vítimas do holocausto- no Centro Cultural Torrente Ballester ás 20:00 h . Ó día seguinte, sábado 28 de xaneiro , ás 11:00 da mañá , poñeremos unha placa de recoñecemento a Xaime Quessada ó pé dun castaño na rúa Lepanto, fronte ó local da A.C. Fuco Buxán e como remate da homenaxe.

Imaxes da homenaxe a Roberto Casteleiro "Caladiño" que tivo lugar o pasado 10 de decembro de 2016

Queremos compartir con vos o material audiovisual que nos veu chegando relativo á fermosísima homenaxe que recibiu Roberto Casteleiro "Caladiño", e que tivo lugar o pasado sábado 10 de decembro en Ferrol. Pulsando na seguinte fotografía podedes acceder a un album de fotografías que conteñen imaxes do acto que tivo lugar no cemiterio de Catabóis ás 12:00h dese mesmo día: https://goo.gl/photos/KNDepnm3cUZRoZ9p9 A continuación, un foto-vídeo sobre a súa vida e obra: Vídeo: "El Cant dels Ocelles" de Pau Casals, Cemiterio de Catabois Autor: Anxo Santomil https://youtu.be/KMfrSk7zLog Álbums fotográficos do Acto do Teatro Jofre e Recepción Municipal - Fotos de anxo Santomil Recepción no Concello de Ferrol https://goo.gl/photos/FDUrhHVSgPCSe5jk9 Acto no Teatro Jofre https://goo.gl/photos/wy23jJAyCR94VFHv7 Dende aquí, o noso agradecemento a todas aquelas persoas que fixeron posible esta homenaxe. A medida q...

Sábado 10 de decembro - Homenaxe a Roberto Casteleiro "Caladiño"

Un grupo de amigas e amigos de Roberto Casteleiro , o inolvidable “Caladiño” - persoa e personaxe que tan fonda pegada deixou en todos cantos o coñeceron, respectaron e admiraron - animámonos a organizar uns sinxelos actos en lembranza da súa memoria e en recoñecemento a súa entrega, de toda unha vida, ao mundo do ensino e ao fomento da cultura participativa, a través do cinema, o teatro, as letras, a música, as artes… colaborando sempre cun sentido do protagonismo colectivo sobre o individual. Á asistencia a estes actos queremos convidarvos coa certeza de que Roberto gozará da vosa presenza e participación. ACTO HOMENAXE A ROBERTO CASTELEIRO “CALADIÑO” Sábado 10 de Decembro de 2016 Acto Cívico: ás 12:00 horas , no Cemiterio de Catabois . Ofrenda floral. Interpretación musical e poética e breves intervencións da organización e o Concello. Acto Homenaxe: ás 20:30 horas , no Teatro Jofre de Ferrol . Proxección dún documental sobre a súa obra e vida. ...

Unha pequena homenaxe á figura de Fidel Castro: "Fidel Castro, estela duradera" de Federico Mayor Zaragoza

Escollemos compartir con vos este artículo de Federico Mayor Zaragoza como unha homenaxe a Fidel Castro , polo equilibrado e acertado da análise que se fai da súa figura nel. Adiantamos que non nos contentaremos so con este pequeno xesto, e que en Fuco Buxán están a bulir varias ideas para por en relevancia a súa persoa e obra. Imaxe - Radio Cadena Agramonte (http://bit.ly/2gbgZLO) Fidel Castro, estela duradera Martes 29 de noviembre de 2016 Durante los años de la postguerra europea, al final de la década de los 40,s leía a Albert Camus y pasé luego algunos períodos de tiempo en Paris donde viví la perplejidad y expectación de los jóvenes que veían su futuro lleno de pasado. Más tarde, como Rector de la Universidad de Granada (1968 – 1972) sentí una gran curiosidad por conocer quién era y qué representaba el Comandante Castro que, con el Che Guevara, suscitaba tanta admiración en aquellas generaciones que, no exentas de razón como se ha visto después, se resistían...

Homenaxe póstumo a Marcos Ana

A semana pasada chegaban a Fuco Buxán as tristes novas da morte de Marcos Ana, poeta, militante do Partido Comunista, e o represaliado pola ditadura franquista que máis anos botou en prisión. Como homenaxe póstuma, decidimos poñer á vosa disposición unha serie de material que consideramos interesante, e que encabezamos co texto do artigo que lle adicaba Xesús Alonso Montero e que era publicado o pasado día 26 en La Voz de Galicia : Marcos Ana: a modo de epitafio Xesús Alonso Montero Tamén nos epitafios, ás veces, figuran uns cantos trazos biográficos. Lembro, neste momento, tan triste para min, o epitafio, no cemiterio de Mondoñedo, de Manuel Leiras Pulpeiro. Na súa campa, estes indispensables datos: «Médico e poeta (1854-1912)». E a continuación, o diamante destas palabras: «Amou a verdade e practicou o ben». Son as palabras que me gustaría pronunciar hoxe, ás cinco da tarde, en Madrid, ante o féretro de Marcos Ana: de Marcos Ana o amigo, o camarada, o compañeiro seguro, o hu...

Primeiro Acto "Homenaxe a unha Vida de Militancia” de EU Narón, adicado a Manola López e Ricardo Aneiros

O pasado xoves  17 de novembro tiña lugar o primeiro acto "Homenaxe a unha Vida de Militancia” , organizado por Esquerda Unida Narón , e que serviu coma sentida homenaxe a unha vida de militancia a dúas persoas históricas na loita política, social e sindical da comarca: Manuela Dolores López García - Manola - e Ricardo Aneiros Sixto . Sumándonos a esta homenaxe, estiveron presentes nel varios membros de Fuco Buxán . Para ver máis fotografías do evento, pulsa na imaxe Para quenes non coñezan a traxectoria dos homenaxeados, compartimos o discurso que o seu compañeiro de EU Narón e actual concelleiro, André Abeledo , lles brindou nese evento: “Hai mulleres e homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Pero os hai que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.” ― Bertolt Brecht Este é o caso dos camaradas que imos homenaxear hoxe, un homenaxe merecido, Manola e Ricardo entregaron...

Homenaxe a Ángeles Rivera Torres "Gelines" - Mércores 23 de novembro, 20h, Ateneo Ferrolán

Este mércores 23 de novembro , ás 20:00 h , Fuco Buxán organiza unha homenaxe á nosa compañeira Ángeles Rivera Torres "Gelines" no Ateneo Ferrolán . Gelines naceu en Ferrol Vello en 1938, no seo dunha familia traballadora e de esquerdas. Entrou a traballar na PYSBE con tan so 14 anos, e pronto liderou a loita por mellorar o salario e as duras condicións laborais na factoría. Detida e xulgada no TOP -Tribunal de Orde Pública-, padeceu o rigor dos cárceres da ditadura. Máis tarde coñecería a emigración, e a separación da súa familia. Hoxe día continúa sendo partícipe desa cultura da solidariedade, estando presente en tódolos movementos sociais na procura dunha sociedade mellor. É por isto que os seus compañeiros e compañeiras de Fuco Buxán convidámosvos a asistir a este acto que servirá como sinxelo recoñecemento a unha vida de compromiso.

Comunicado sobre a Homenaxe a Camilo Nogueira o 11 de novembro en Santiago de Compostela

Dende a Asociación Cultural Fuco Buxán saudamos aos promotores da iniciativa e adherimonos á mesma. O recoñecemento de Fuco Buxán ao noso benquerido compañeiro Camilo Nogueira, pola súa longa traxectoria de compromiso a prol dos dereitos do pobo galego e das súas clases populares. Asemade, felicitámonos por seguir contando coa súa contribución a facer un mundo mais xusto, libre e igualitario. Ferrol a 02 de Novembro de 2016  Máis información:    https://www.facebook.com/groups/202695430142534/?fref=ts

CANCELADO - Homenaxe a Ángeles Rivera Torres "Gelines"

Por indisposición da homenaxeada, lamentamos anunciar que a homenaxe a Gelines queda adiada ata próximo aviso . Desculpade as molestias ocasionadas.

Os Murais de Quessada xa están no Auditorio

A Asociación Cultural Fuco Buxán expresa a súa satisfacción e o seu agradecemento á Fundación Xaime Quessada Blanco e ao Goberno do Concello de Ferrol , que posibilitaron a exposición pública, de dúas importantes obras pictóricas relacionadas coa historia de Ferrol. Desde hoxe, a cidadanía poderá disfrutar dos murais de Xaime Quessada Porto , no marco excepcional do Auditorio Municipal de Caranza , ambos realizados polo artista na Praza de Armas de Ferrol: Mural Anti – OTAN, de 1981, feito a solicitude do PCG. (20 x 4 m.) Mural en Defensa da Ría e da Vida, de 2002, a petición do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a ubicación da Planta de Gas. (16 x 2,40 m.) Este acto foi o primeiro das vindeiras celebracións que farán do 2016 o “Ano Quessada en Ferrol” . Parabéns a cantos/as contribuiron a facer posible esta importante manifestación artística e social que enriquece á cidade de Ferrol. Alcaldía, Concellería de Cultura, Equipo de Goberno, Fundación Quessada Blan...

Colocación Murais de Quessada no Auditorio Caranza

A nosa Asociación Cultural informa do vindeiro acto organizado polo Concello de Ferrol, colocación dos murais de Xaime Quesada decicados; un á defensa da Ría e da Vida e, o outro, realizado en Ferrol no ano 1982, a petición do PCG, contra a entrada de España na OTAN. O acto terá lugar o mércores día 2 de Marzo ás 11,30 horas no Auditorio de Caranza en Ferrol . Un dos murais lucirá de xeito permanente no Auditorio de Caranza e o outro de forma temporal. As dúas obras son propiedade do Concello de Ferrol. A A. C. Fuco Buxán agradece ao Concello de Ferrol que puxera en marcha a posta en valor destas importantes obras e agradece profundamente a boa predisposición para que así fora. Así mesmo, inauguramos con este acto, o Ano Xaime Quesada, cunha serie de actos dedicados á difusión e posta en valor da súa figura e da súa obra e que serán informados puntualmente. A xunta directiva da A.C. Fuco Buxán ALBUM FOTOGRÁFICO Outras obras de Quessada en Ferrol. Breve biografía de...

Homenaxe a Amada García, en San Felipe, 27.01.2016

Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática : Homenaxe a Amada García e os sete compañeiros fusilados polos fascistas o 27 de xaneiro de 1938, por defender a legalidade republicana. Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa. Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños. Coa vitoria dos milit...

VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, e II da súa compañeira Victoria Fernández Paredes

O sábado 6 de febreiro , o Comité Cidadán de Emerxencia celebrará o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité e o segundo da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). Con este motivo, convídase a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza, que consistirá, como xa é costume, nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, e terá lugar, ás 12 hs, no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol. Agradeceremos así a Victoria e Carmelo o seu exemplo exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais, a súa militancia sindical, política e social de toda unha vida e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Homenaxe a Susana Alaniz

  ÁLBUM FOTOGRÁFICO Onte á tarde a Asociación de Mobilidad Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón. No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante. Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidad Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.

Homenaxe a Carmelo Teixeiro e a Victoria Fernández

O vindeiro xoves cúmprese o VII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o sábado, 7 de Febreiro, ás 12 hs,  no Parque Carmelo Teixeiro´Caranza – Ferrol. Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais. Ben coñecida é a súa militancia política, sindical e social de sempre, e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa. https://www.youtube.com/watch?v=tvgqQFwTGds