Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A.C. Muiño do Vento

ASC Muíño do Vento - Conferencia "Aforro e Eficiencia Enerxética": xoves 2 de marzo, 20h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a ASC Muíño do Vento para este xoves 2 de marzo :

Muíño do Vento - Xornalismo en Galicia Hoxe: xoves 2 de febreiro, 20h

Compartimos a convocatoria que nos fan chegar dende a ASC Muíño do Vento - Canido: A Directiva da ASC Muíño do Vento-Canido comprácese en convidalo/a á Mesa Redonda XORNALISMO EN GALICIA HOXE , que terá lugar o vindeiro xoves 2 de febreiro , ás 20 horas , no Centro Cívico de Canido , contando coa participación de Germán Castro, Xose Mª Dobarro e Xulia Díaz. Esperando sexa do seu interese, reciba un saúdo. ASC MUÍÑO DO VENTO-CANIDO.

ASC Muíño do Vento - Xoves 10 de novembro: conferencia "O XORNALISMO GALEGO, Breve percorrido histórico"

Compartimos a seguinte invitación da A.S.C Muíño do Vento de Canido: A Directiva da ASC Muíño do Vento-Canido comprácese en convidar á conferencia " O XORNALISMO GALEGO, Breve percorrido histórico" que o vindeiro xoves 10 , ás 20 horas , no Centro Cívico de Canido , impartirá o profesor Xosé María Dobarro e presentará o xornalista Germán Castro .   Esperando sexa de interese,reciba un saúdo. ASC MUÍÑO DO VENTO-CANIDO.

Vindeira presentación do libro "O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO."

  Vindeira presentación do libro O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO escrito por Manuel Monge González, o xoves, 15 de setembro, ás 19:30 horas,  no Centro Cívico de Canido de Ferrol, nun acto organizado pola Asociación Cultural Muíño do Vento .  

Presentación do documental "Vieiros de Esperanza. Ricardo Carvalho Calero"

Publicamos a seguinte invitación que nos chega dende a A.S.C. Muíño do Vento : A Directiva da A.S.C.Muíño do Vento - Canido , comprácese en convidar a presentación do documental VIEIROS DE ESPERANZA.RICARDO CARVALHO CALERO de Antón Rodríguez Fernández , que terá lugar o vindeiro martes 28 de xuño , ás 20 horas , na Sociedade Galega de Historia Natural  (Porta de Canido) . Reciban un saúdo. Directiva A.S.C. Muíño do Vento - Canido.

Conferencia "Manuel María e as Letras Galegas" - A.C. Muíño do Vento

A Asociación Cultural Muíño do vento organiza para este xoves 12 de maio unha conferencia baixo o título "Manuel María e as Letras Galegas", con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se adica a este escritor

Mesa redonda - Mulleres hoxe: novas e vellas cuestións

Compartimos con vos o anuncio que nos envía a Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento sobre unha mesa redonda que organiza este venres 29 de abril baixo o título  "Mulleres hoxe: novas e vellas cuestións" , e que terá lugar ás 20:00h no local da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, situado en Canido.

Conferencia da A.C. Muíño de Vento sobre a Revolução dos Cravos

A Asociación Cultural Muíño do Vento informa que o venres día 23 de abril teñen dúas actividades: Por un lado, Manuel López vai impartir unha conferencia sobre a Revolução dos Cravos titulada "Caraveis vermellos. Unha viaxe na memoria ao 25 de Abril" . Vai ter lugar na sede da Sociedade Galega de Historia Natural ás 19,30 horas. A segunda actividade será unha cea-convivio que comezará ás 21,30 horas na SDR Canido. O prezo é de 20 euros e poden participar socios e simpatizantes de Muíño do Vento. O prazo para anotarse finaliza o mércores día 21, e o teléfono habilitado para facelo é o 618383092.